Obradoiro de Creación dun Videocurriculum
Información do curso
Obradoiro de Creación dun Videocurriculum
Tipo | Taller | ||||
Código | AEE.24.01.01 | ||||
Nome | Obradoiro de Creación dun Videocurriculum |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Descrición | O videocurrículum consiste nunha presentación en vídeo que un/unha candidato/a realiza sobre si mesmo, sobre a súa traxectoria profesional, as súas aptitudes, habilidades e logros, co obxectivo de acceder a un determinado posto vacante. Este formato permite conectar coa empresa con máis facilidade establecendo un primeiro vínculo coa persoa responsable dos procesos de selección, e destacar respecto a outras idaturas grazas ás posibilidades creativas do formato. A/o candidata/o pode expresar nun par de minutos algunhas das súas habilidades e competencias máis destacadas (boa comunicación, creatividade, oratoria ou dominio dun idioma, por exemplo) que o converten na persoa perfecta para o posto. En resumidas contas, o videocurrículum é unha especie de «vídeo promocional» de cada un/ha. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986130110 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
Os coñecementos informáticos e do mundo dixital son cada vez máis requiridos polas empresas. De feito, nos últimos anos xurdiu un novo formato de currículo que aproveita ao máximo as capacidades que ofrece o mundo dixital. Estamos a falar do videocurrículum.
Trátase da presentación en vídeo que un/unha candidato/a realiza sobre si mesmo, sobre a súa traxectoria profesional, as súas aptitudes, habilidades e logros, co obxectivo de acceder a un determinado posto vacante. Aínda que poida parecerche complicado, o certo é que só necesitas unha cámara (a túa smartphone pode servirche!), unha localización adecuada e practicar varias veces o teu discurso diante do obxectivo ata que pareza natural!.
O formato vídeo permite conectar coa empresa con máis facilidade establecendo un primeiro vínculo coa persoa responsable dos procesos de selección, e destacar respecto a outras candidaturas grazas ás posibilidades creativas do formato. A/o candidata/o pode expresar nun par de minutos algunhas das súas habilidades e competencias máis destacadas (boa comunicación, creatividade, oratoria ou dominio dun idioma, por exemplo) que o converten na persoa perfecta para o posto. En resumidas contas, o videocurrículum é unha especie de «vídeo promocional» de cada un/ha.
Se eres estudante ou egresado/a da Universidade de Vigo e queres aprender a facer un videocurrículum e como utilizalo para conectar coas entidades empregadoras, non dubides en apuntarte a esta formación. Ademáis terás a oportunidade de presentar os videos xerados ante representantes de empresas e institucións de Galicia e norte de Portugal e entrar a formar parte dos seus procesos de reclutamento.
Entidades organizadoras
Área de Emprego e Emprendemento
EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 28/10/2024 08:00 - 15/11/2024 00:00 |
---|---|
Período de matrícula | 28/10/2024 09:00 - 15/11/2024 00:00 |
Período de docencia | 04/11/2024 - 30/11/2024 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 50 |
Destinatarios/as
- Estudantes de tódalas titulacións impartidas pola UVigo
- Egresados e egresadas dos graos e mestrados impartidos pola UVigo
Obxectivos
- Coñecer un novo formato do CV: o videocurriculum
- Formar en competencias comunicativas verbais e non-verbais
- Aumentar as posibilidades de contacto con entidades emporegadoras participando no Videotalentum, organizado no marco do EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal
Criterios de selección
Por rigoroso orde de inscrición
Calendario
O curso estará dispoñible desde o 4 e ata o 30 de novembro en Moovi, polo que as persoas admitidas poderán decidir en que tempo superarán os contidos do mesmo.
O Obradoiro ten estimada unha duración de 5 horas, distribuídas como segue:
- Visualización dun video titorial: 1 h.
- Elaboración do guión do videoCV: 1 h.
- Titoría de seguemento: 1 h.
- Realización do videoCV: 2 h.
Programa
1. Que é un videocurriculum:
- Estrutura, contido e duración
- Orixinalidade versus espontaneidade na súa elaboración
- Difusión e posicionamento do videocurriculum
2. Consellos: antes, durante e despois da gravación
3. Erros máis frecuentes
- Contacto: todo empeza cando acaba o video
Modo de pagamento
Gratuito
Impartido en
- O curso será impartido a través de Moovi
Profesorado
Pablo Osorio
Mentor e Docente de comunicación, marketing e emprendimiento
Sistema de avaliación
A superación do obradoiro supón a relización dun videocurruciculum