Introdución ao estudo de casos na docencia

Información do curso

Introdución ao estudo de casos na docencia


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPCASO24
Nome Introdución ao estudo de casos na docencia
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 16
Descrición

O ensino a través de método do caso é unha metodoloxía participativa orientada ao traballo en equipo, a partir do traballo persoal, que provoca un diálogo aberto entre o alumnado e o profesorado, un diálogo sobre situacións reais que fomenta un crecemento persoal no alumnado e capacítao para coñecer a opinión das demais persoas. O obxectivo do ensino dun caso non son as solucións, o obxectivo é construír un corpo de coñecementos e conceptos que poidan aplicarse na práctica. Individualmente, este método prepara á persoa participante para as reunións de grupo e permítelle aprender do que dirán outras persoas. Nas sesións de discusión as persoas participantes comparten a súa pericia, experiencias, observacións, análises…, axudando a eliminar subxectividades, e inseguridades, grazas á retroalimentación que obteñen.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Centro de Posgrao e Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 04/10/2024 12:00 - 31/10/2024 23:59
Período de docencia 08/11/2024 - 15/11/2024

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Definir que é e o que non é o estudo de caso.
  • Ser quen de poñer a proba as ideas do alumnado analizando os seus argumentos.
  • Capacitar ás persoas participantes a fomentar o pensamento independente do alumnado.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

Modalidade virtual síncrona (10 horas): os días 8 e 15 de novembro de 9 a 14 horas.
Modalidade virtual asíncrona (6 horas).

Programa

GUIÓN DE CONTIDOS PRESENCIAIS
-Presentación e introdución do curso.
-Orixe, características e o desenvolvemento na aula, do método do caso.
-A preparación individual dun caso de estudo analizando os elementos esenciais.
-Aplicación práctica do método na aula dun caso estudado anteriormente. Para iso, formaranse pequenos grupos de traballo.


GUIÓN DE CONTIDOS NON PRESENCIAIS
-Conxunto de lecturas posta ao dispor das persoas participantes, para comprender a filosofía da aprendizaxe mediante casos.
-Estudo de casos curtos como ferramenta de adestramento para o profesorado para o desenvolvemento das habilidades de aprendizaxe do alumnado, e retroalimentación individualizada a cada estudante via email.
-Discusión en liña dos casos postos ao dispor das persoas participantes nos foros mediante a plataforma virtual da Universidade de Vigo.
-Titorización do plan de desenvolvemento dun caso via correo electrónico ou videoconferencia.

Impartido en

Impartirase a través do Campus remoto e de Moovi.

Observacións

IMPORTANTE:

Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo despois de 21 días desde a súa finalización.

Profesorado

Gabriel A. Cepeda Carrión

É catedrático de Organización de Empresas na Universidade de Sevilla. Leva máis de 20 anos aplicando e ensinando o método de caso como ferramenta na aula.

Sistema de avaliación

Para obter a certificación final hai que obter a cualificación “Apto/Apta” no curso e por tanto ten que cumprir os criterios de avaliación seguintes:
- Asistencia polo menos do 80% das sesións síncronas.
- Entrega e presentación na última sesión do taller dunha tarefa final.
- Estudo de casos curtos como ferramenta de adestramento das habilidades de aprendizaxe do alumnado.
- Exercicio práctico: deseño e avaliación dun caso.
- Plan de desenvolvemento dun caso, creación de tarefas non presenciais e en liña…

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos