Curso de pronuncia en inglés 4 - entoación e fluidez

Información do curso

Curso de pronuncia en inglés 4 - entoación e fluidez


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPPING24ENTO
Nome Curso de pronuncia en inglés 4 - entoación e fluidez
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 10
Descrición

A finalidade deste curso é axudar ás persoas participantes a mellorar a súa capacidade de comunicarse en inglés mediante o estudo das regras de pronuncia e a súa posta en práctica.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Centro de Posgrao e Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 01/10/2024 12:00 - 31/10/2024 23:59
Período de docencia 28/11/2024 - 12/12/2024

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 15

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terán preferencia aquelas persoas que xa estean a impartir docencia en inglés ou que consten en POD como as encargadas de impartir algunha materia para o ano académico 2024/25. Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Mellorar a capacidade de comunicarse en inglés mediante o estudo das regras de pronuncia e a súa posta en práctica.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase os días 28 de novembro, 3, 5, 10 e 12 de decembro de 9 a 11 horas.

Programa

1. Introdución á entoación en inglés.
2. Entoación en preguntas e frases complexas.
3. Entoación para énfase e expresividade.
4. Ritmo, pausas e fluidez na fala conectada.
5. Entoación avanzada, fluidez e práctica de fala natural.

Impartido en

Campus de Vigo. Sala 2 do edificio Miralles.

Observacións

IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo a partir de 21 días despois da súa finalización.

Profesorado

Profesorado do Centro de Linguas da Fundación Universidade de Vigo

 

Sistema de avaliación

  • Asistencia ao 80 % das sesións do curso e a superación dos exercicios que se desenvolverán nas clases.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos