Introdución ao uso de intelixencia artificial xenerativas na docencia e investigación universitaria
Información do curso
Introdución ao uso de intelixencia artificial xenerativas na docencia e investigación universitaria
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPIA242 | ||||
Nome | Introdución ao uso de intelixencia artificial xenerativas na docencia e investigación universitaria |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | Este curso introduce ás/aos participantes no uso de intelixencias artificiais xenerativas e chatbots aplicada á docencia e investigación universitaria. Analizaranse as posibilidades das IA para ofrecer apoio e interactuar con estudantes, en aras dunha docencia de maior calidade. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024.
Entidades organizadoras
Área de Formación e Innovación Educativa (Centro de Posgrao e Formación Permanente).
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 20/09/2024 12:00 - 11/10/2024 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 04/11/2024 - 29/11/2024 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
- Describir os principais chatbots abertos en internet.
- Empregar aplicacións derivadas dos chatbots ou modelos grandes de linguaxe con finalidades docentes.
- Uso de peticións (prompt engineering) aplicadas ao ámbito docente e investigador.
- Empregar ferramentas que asistan á investigación na revisión sistemática da literatura e na redacción científica.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
O curso desenvolverase en modalidade virtual asíncrona do 4 ao 29 de novembro.
As titorías serán de carácter voluntario. Desenvolveranse de xeito síncrono os xoves de 12.30 a 13.30 horas.
Programa
1. Presentación das IA xerativas. Os principais chatbots no mercado. OpenAI, Google, Anthropic, Meta e outras alternativas.
2. Uso de IA na docencia:
- Ferramentas de xeración de contidos docentes: presentacións de diapositivas, vídeo e imaxe.
- Uso de chatbots e optimización das peticións (prompts) con fins educativos.
- Estratexias e ferramentas para integrar o uso de IA xenerativas na aula.
- Riscos e limitacións das IA xenerativas. Unha ollada crítica dende a docencia.
3. Uso de IA na investigación:
- Asistencia na visualización de papers e a súa interconexión.
- Asistencia na revisión sistemática da literatura.
- Asistencia na redacción académica.
- Asistencia na corrección estilística académica.
- Riscos e limitacións das IA xenerativas. Unha ollada crítica dende a investigación.
Impartido en
Impartirase a través de Moovi.
Observacións
IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”
Pode consultar máis información na seguinte ligazón.
REQUISITOS
Habilidades informáticas básicas. Non é preciso instalar software, pero é necesario ter certa soltura co uso de internet para empregar as ferramentas.
Cómpre ter unha conta de correo de Google, para darse de alta nalgúns dos recursos que se empregarán).
Titulación
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo despois de 21 días desde a súa finalización.
Profesorado
Luis Xabier Martínez Rolán
É Profesor Titular de Universidade do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade. Imparte docencia nos graos de Publicidade e Relacións Públicas e Comunicación Audiovisual vinculadas ao desenvolvemento de web e apps, e centra a súa investigación na comunicación dixital.
Relator e formador da Xunta de Galicia (Consellería de Educación), Universidade de Vigo e Universidade da Coruña con máis de cen horas de docencia sobre IA xenerativas.
Coordinador do Grupo de Innovación Docente “Academ-IA: intelixencias artificiais en educación”.
Sistema de avaliación
Para superar o curso é imprescindible superar un 80% da puntuación total, que se divide en dúas partes.
Parte teórica:
-Cuestionario final de 10 preguntas, onde cada pregunta teña catro respostas e unha soa sexa a correcta. Ten un valor do 20 % da nota total.
Parte práctica:
- Actividade docente: elaborar unha proposta de integración na aula do uso de chatbots nunha das materias do/a docente. Debe incluír un prompt orixinal (e resultado esperado) e o deseño dunha práctica de aula que inclúa o uso dalgunha das ferramentas vistas ao longo do curso. Ten un valor do 40 % da nota total.
- Actividade investigadora: Proposta de integración de algunha/s das ferramentas de IA académicas nunha proposta de investigación ou proxecto levado a cabo polo/a docente. Ten un valor do 40 % da nota total.
Para superar a parte práctica é preciso obter o 80 % da puntuación máxima.