Repensar a educación para resetear o sistema introducindo a sustentabilidade e a educación para o desenvolvemento na docencia universitaria en liña coa Axenda 2030
Información do curso
Repensar a educación para resetear o sistema introducindo a sustentabilidade e a educación para o desenvolvemento na docencia universitaria en liña coa Axenda 2030
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPRE24 | ||||
Nome | Repensar a educación para resetear o sistema introducindo a sustentabilidade e a educación para o desenvolvemento na docencia universitaria en liña coa Axenda 2030 |
|
|||
Modalidade | Virtual síncrona | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | O curso busca repensar a educación universitaria introducindo a sustentabilidade e a educación para o desenvolvemento en liña coa Axenda 2030. A educación non pode ser allea a estas realidades e debe adaptarse e evolucionar para preparar ao alumnado para un mundo en constante cambio. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024.
Entidades organizadoras
Área de Equidade e Diversidade (Vicerreitoría de Extensión Universitaria).
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 19/09/2024 12:00 - 30/10/2024 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 01/11/2024 - 30/11/2024 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
- Fortalecer a capacidade do PDI para vincular o seu labor coa sustentabilidade e a transformación social da súa contorna desde un compromiso solidario en liña cos obxectivos de desenvolvemento sostible da axenda 2030.
- Impulsar o uso de metodoloxías de ensino-aprendizaxe activas e participativas que promovan a formación de profesionais críticos, reflexivos e comprometidos coa mellora da súa contorna.
- Contribuír á construción dun currículo educativo sostible en liña coa Axenda 2030, as normativas de aplicación universitaria e o plan estratéxico da Universidade de Vigo.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
O curso desenvolverase en modalidade virtual:
Síncrona: os días 8, 15, 22 e 29 de novembro de 11.30 a 14.30 horas.
Asíncrona: do 1 ao 30 de novembro.
Programa
Bloque 1: Como está o patio. Unha mirada ao mundo. Retos globais aos que a educación debe dar resposta: globalización, crise climática, desigualdade, revolución dixital e mobilidade humana. Implicacións na docencia.
Bloque 2: Unha mirada ao interior: Que tipo de docente queres ser: educación para a incerteza, a transformación social e o cambio de crenzas. As habilidades que necesitamos desenvolver entre individuos (os Inner Development Goals), grupos e institucións para poder cumprir cos desafíos que expón a Axenda 2030 (ser, pensar, relacionarnos, colaborar e facer).
Bloque 3: A educación máis importante que nunca. A educación como a chave para activar os cambios de mirada ao mundo, para imaxinar e levar ás práctica as transformacións que hai que levar a cabo. Cuestionando do carácter reprodutivo da educación. A nova lexislación universitaria e a sustentabilidade.
Bloque 4: Posta en práctica. Que teño que revisar da miña práctica docente? Metodoloxías, enfoques, comunicación, relacións na aula, atención á diversidade... Implicacións de incorporar a teoría de sistemas nas prácticas educativas.
Impartido en
A parte virtual síncrona desenvolverase no Campus remoto.
Observacións
IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”
Pode consultar máis información na seguinte ligazón.
Titulación
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 15 días desde a súa finalización.
Profesorado
ONGAWA
É unha Organización Non Gobernamental de Desenvolvemento (ONGD) , que naceu no 1991 na Universidade Politécnica de Madrid, e que ten como misión pór a tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano para construír unha sociedade máis xusta e solidaria.
Traballa para construír unha cidadanía global e vincular a investigación e xeración de coñecemento á solución de problemas de desenvolvemento.
Leva a cabo propostas de formación para a participación activa do alumnado e a xeración de recursos do profesorado. Busca que se incorpore o enfoque de desenvolvemento humano na actividade docente e investigadora.
Sistema de avaliación
- Asistencia ao 80 % das partes presenciais e síncronas. Nas partes virtuais síncronas será obrigatorio de obrigado cumprimento que as persoas participantes teñan accesa a cámara web durante o curso e preparado o micrófono para poder intervir na formación.
- Superación da actividade práctica final.