Scrum: metodoloxías áxiles na docencia

Información do curso

Scrum: metodoloxías áxiles na docencia


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPSC24
Nome Scrum: metodoloxías áxiles na docencia
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 20
Descrición

Neste curso faremos unha aproximación a metodoloxía de xestión de proxectos áxil, a través do marco de traballo de Scrum, e como integrala na docencia baseada en proxectos.
Ao longo do curso estudaremos o funcionamento de Scrum xunto as súas principais características (roles, eventos, artefactos). Descubriremos como construír, xestionar e perfeccionar un backlog de produto, como desenvolver épicas e historias de usuario -analizando o seu progreso, e como implementar as estratexias de entrega de produto.
Así mesmo revisaremos distintas ferramentas que permitirán a integración de Scrum na aula, tanto para desenvolver os proxectos de forma colaborativa por parte do alumnado, como para avaliar o seu desempeño.
O curso terá un enfoque eminentemente práctico, e desenvolverase en grupos de traballo, fomentando os principais valores de Scrum (autoxestión, creación de valor, resposta áxil aos cambios).

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Centro de Posgrao e Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 11/09/2024 12:00 - 11/10/2024 23:59
Período de docencia 28/10/2024 - 25/11/2024

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 24

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Comprender os principios e valores das metodoloxías áxiles.
  • Descubrir/Aprender como abordar a xestión de proxectos no marco de traballo de Scrum estudando as súas principais características.
  • Coñecer ferramentas que permitan integrar a metodoloxía Scrum na aula.
  • Poñer en práctica os conceptos aprendidos desenvolvendo un proxecto segundo a metodoloxía Scrum.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

Trátase dun curso no que o alumnado traballará en grupos, polo que haberá sesións que serán para todo o alumnado e outras específicas para cada grupo de traballo. Os grupos organizaranse o primeiro día.

O curso desenvolverase en modalidade presencial e virtual os seguintes días: 28 e 29 de outubro, 4, 5, 11, 12 e 25 de novembro de 11 a 13; e 18 de novembro de 11 a 14 horas.


28/10/24  T1 - Introdución as metodoloxías áxiles.
29/10/24  P1 - Creación dun proxecto Exemplo. Historias de Usuario.
04/11/24  T2 - Metodoloxía Scrum.
05/11/24  P2 - Creación do backlog do proxecto Exemplo.
11/11/24  T3 - Scrum na docencia.
12/11/24  P3 - Creación do backlog e inicio do primeiro sprint.
18/11/24  T4 - Experiencia no uso de Scrum & P4 - Reunión de revisión e reunión de restrospectiva do primeiro sprint.
25/11/24  P5 - Presentación "Como incorporar Scrum na miña materia" & Resumo e retrospectiva.

----------------------
Entre o 12/11/24 e o 18/11/24 A1 - Desenvolvemento do primeiro sprint.
Entre o 18/11/24 e o 25/11/24 A2 - Reflexión sobre como incorporar Scrum na miña materia.

As clases de teoría T1, T2, T3 e T4 impártense de forma síncrona e híbrida.
As clases prácticas P1, P2, P3, P4, P5 e P6 impártense de forma presencial.
Os traballos A1 e A 2 desenvólvense de forma asíncrona. Estímase unha duración de dúas e unha hora, respectivamente.

Programa

  • Introdución ás metodoloxías áxiles.
  • Metodoloxías Scrum.
  • Scrum na docencia.
  • Experiencia docente no uso de Scrum: caso de uso.
  • Xestión práctica dun proxecto.

Impartido en

Desenvolverase de forma presencial e virtual. 

Parte presencial: aula pensadoiro da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.

Observacións

IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo a partir de 21 días despois da súa finalización.

Profesorado

Juan José López Escobar

É investigador predoutoral no Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (atlanTTic) da Universidade de Vigo e membro do grupo de innovación docente “LIZGAIRO: Grupo de Integración de metodoloxías áxiles na docencia”. Foi docente na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo en materias de grao e mestrado nas que se empregan metodoloxías áxiles.

Pablo Fondo Ferreiro

É investigador posdoutoral na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación dende o ano 2022 mediante unha axuda da Xunta de Galicia. É membro do Grupo de Innovación Docente da Universidade de Vigo “LIZGAIRO: Grupo de Integración de metodoloxías áxiles na docencia” desde a súa creación en 2019. Imparte docencia en dúas materias do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación nas que se empregan metodoloxías áxiles.

Cristina López Bravo

É profesora titular de universidade na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación dende o ano 2008. É coordinadora do grupo de innovación docente da Universidade de Vigo “LIZGAIRO: Grupo de Integración de metodoloxías áxiles na docencia” dende o 15 de xaneiro de 2019. Imparte docencia en dúas materias do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación e do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación nas que se empregan metodoloxías áxiles.

Sistema de avaliación

  • Requerirase un mínimo de asistencia ás sesións síncronas do 85 % (ademais das sesións de exposición de contidos, realizaranse unha sesión inicial para o lanzamento do proxecto, unha sesión intermedia de revisión e unha sesión final de presentación de proxecto).
  • Deberá de desenvolverse un proxecto en grupos de traballo seguindo os principios da metodoloxía Scrum, que se presentará ao final do curso.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos