Políticas públicas de igualdade
Información do curso
Políticas públicas de igualdade
| Tipo | Outros cursos | ||||
| Código | IFVX2024I14E8 | ||||
| Nome | Políticas públicas de igualdade |
|
|||
| Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
| Horas | 15 | ||||
| Descrición |
|
||||
| Información de contacto: | |||||
| · Teléfono | Non dispoñible | ||||
| · Fax | |||||
| · Enderezo electrónico | |||||
| Compartir: |
|
||||
Páxina web do curso
https://formacionigualdade.webs7.uvigo.es/Información sobre o calendario (datas)
| Período de preinscrición | 09/09/2024 00:00 - 18/09/2024 23:59 |
|---|---|
| Período de matrícula | 09/09/2024 00:00 - 19/09/2024 12:00 |
| Período de docencia | 19/09/2024 - 20/10/2024 |
Prazas e créditos
| Número mínimo de participantes | 1 |
|---|---|
| Número máximo de participantes | 120 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria
Profesorado
Laura Seara Sobrado
Consultora socia de Red Talento experta en xénero e discapacidade e asesora legal da Fundación CERMI Mujeres. Licenciada en Dereito e Máster en Calidade dos Servizos Públicos, conta cunha ampla experiencia na xestión e deseño de políticas públicas de igualdade. Foi Directora Xeral do Instituto de la Mujer (2009-2011) e Secretaria de Estado de Igualdad do Goberno de España (2011). Como deputada 8 anos no Parlamento de Galicia e voceira de igualdade, foi ponente da Lei 11/2007 do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero e da Lei 2/2007, de 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia. Durante os 4 anos de deputada no Congreso dos Deputados exerceu de voceira da Comisión de Políticas Integrais da Discapacidade, vicevoceira de Medio Ambiente e vogal de Igualdade. Formou parte da Asamblea Parlamentaria do Consello de Europa e foi Vicepresidenta do CJE. Impartiu numerosos cursos sobre políticas de igualdade en universidades españolas e latinoamericanas, actividade formativa que sigue desenvolvendo xunto coa participación como consultora en proxectos internacionais da Comisión Europea e da OCDE. Actualmente, tamén forma parte do Padroado da Fundación Luzes e é colaboradora da Ventana de Galicia da Cadena Ser.
Programa
Tema 1. Políticas públicas de igualdade no estado de benestar:
a. Que son as políticas públicas?
b. Cal é a interpretación do papel das políticas de igualdade no estado do benestar?
c. Cales son as estratexias e axentes que interveñen nas políticas públicas de igualdade?
d. As estratexias nas políticas públicas de igualdade.
Tema 2. A arquitectura institucional das políticas de igualdade:
a. Primeiros pasos.
b. Desenvolvemento institucional das políticas públicas de igualdade.
c. Fitos nas políticas públicas de igualdade en España.
Tema 3. Instrumentos para implementar políticas públicas de igualdade:
a. Os plans de igualdade.
b. Os informes de impacto de xénero.
c. Cal é a axenda actual das políticas públicas de igualdade?
Observacións
Proxecto financiados polas seguintes entidades:






