Mulleres e ciencia
Información do curso
Mulleres e ciencia
Tipo | Outros cursos | ||||
Código | IFVX2024I11E8 | ||||
Nome | Mulleres e ciencia |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 15 | ||||
Descrición | |||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | Non dispoñible | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Páxina web do curso
https://formacionigualdade.webs7.uvigo.es/Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 09/09/2024 00:00 - 18/09/2024 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 09/09/2024 00:00 - 19/09/2024 12:00 |
Período de docencia | 19/09/2024 - 20/10/2024 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 1 |
---|---|
Número máximo de participantes | 120 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria
Programa
TEMA 1. Muller e ciencia
1. Muller e ciencia: introdución
2. Situación das mulleres na ciencia
3. Por que tan poucas?
4. Sexismo e discriminación no ámbito científico
TEMA 2. As mulleres que nos levaron a Lúa
1. Introdución
2. Astronautas, habelas hainas
3. A cara oculta da conquista da Lúa
TEMA 3. Matemáticas, as grandes descoñecidas
1. Muller e Matemática: introdución
2. O gran cambio dos séculos XIX e XX
3. Cal é a situación actualmente?
Observacións
Proxecto finaciado polas seguintes entidades:
. .
Profesorado
Encina Calvo Iglesias
Doutora en Ciencias Físicas e Profesora Titular no Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos ven traballando na incorporación da perspectiva de xénero á docencia, polo que recibiu o 2º Premio á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia da USC no ano 2018. É a autora da Guía para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero en Física.
María de las Nieves Lorenzo González
Doutora en Ciencias Físicas e Profesora Titular no Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo. Nos últimos anos ven traballando na incorporación da perspectiva de xénero á docencia e na visibilización das mulleres nas disciplinas STEM. Recibiu o premio á acción ou actividades de divulgación científica na II Edición de Premios do Campus da Auga co proxecto eXXperimenta en feminino que se desenvolve dende febreiro de 2018 no Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
Amelia Verdejo Rodríguez
Licenciada en Matemáticas pola USC e Doutora en CC. Matemáticas pola UVigo. Fun Profesora da USC (1978-79), Profesora Agregada de Bacharelato (1979-1992) e Profesora do Departamento de Matemáticas da UVigo (1992-2018) ata a miña xubilación en 2018. Nos últimos anos da miña vida profesional ocupeime de incorporar explicitamente a perspectiva de xénero na docencia visibilizando o papel das mulleres matemáticas. Por ese traballo recibín o Accésit do I Premio de creación de materiais e recursos docentes con perspectiva de xénero Antonia Ferrín Moreiras no 2013. Posteriormente, en 2017, publiquei o libro “Mujeres matemáticas: Las grandes desconocidas”; e, no 2018, colaborei na obra colectiva “Mujeres matemáticas. Trece matemáticas, trece espejos”. Dende 2019 colaboro asiduamente na Wikipedia editando artigos sobre mulleres, maioritariamente sobre mulleres matemáticas.