Loita contra incendios (Vigo-mañá)
Información do curso
Loita contra incendios (Vigo-mañá)
Tipo | Cursos de formación do persoal | ||||
Código | SPRLAVI2400404 | ||||
Nome | Loita contra incendios (Vigo-mañá) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 4 | ||||
Descrición | Curso especialmente pensado para o persoal que forma parte dos equipos de intervención e de interese para os demais membros incluidos nos equipos de emerxencia dos planes de autoprotección dos centros de traballo da Universidade de Vigo. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 814 088 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Entidades organizadoras
Servizo de Prevención de Riscos da Universidade de Vigo e Seganosa
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 02/09/2024 09:00 - 05/09/2024 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 13/09/2024 - 13/09/2024 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
O persoal docente, investigador e de administración e servizos da Universidade de Vigo.
Criterios de selección
Por estarse implantando o Plan de Autoprotección, terán preferencia o persoal dos seguintes centros, por orden de inscrición.
1º.- EE Telecomunicación
2º.- EE Industrial (sede campus e Torrecedeira)
3º.- Edificio Redeiras
4º.- Resto do persoal do campus de Vigo
Obxectivos
- Coñecer os mecanismos básicos de iniciación, propagación e extinción dun incendio.
- Saber manexar correctamente os extintores, mangueiras e equipos de respiración.
- Concienciarse dos perigos existentes nos centros de traballo e actuar de modo seguro.
Profesorado
Persoal especializado de SEGANOSA
Programa
A. Contido teórico.
1. Conceptos básicos sobre o lume e a súa natureza:
Teoría da xeración do lume .
2. Conceptos básicos sobre seguridade no uso de axentes extintores:
Tipos de axentes extintores e características dos mesmos presentes nas
instalacións da Universidade de Vigo.
B. Contido práctico
1. Extintores portátiles: PQS - 43 A-233B. P. Incorporada. - C02 89B:
Extinción en superficies libres con simulación de combustibles líquidos para o adestramento da difusión continua de po. (O lume realizarase con combustible
Tipo B sobre un leito acuoso pódese simular lume en ordenador ou en papeleira de zona de oficinas).
Simulación de Extinción en estantes de almacenaxe de produtos inflamables
para o adestramento da difusión a pulsos.
Extinción en cadro eléctrico con extintores de C02.
2. Uso e manexo de liñas de mangueiras:
Utilización e manexo de mangueiras. Traballo con BIES. (Avance, retroceso,caudais)
Simulación de extinción de lume de gas con liñas de auga co obxectivo de practicar a coordinación e o traballo en equipo ademais do manexo de diferentes tipos de chorro en función da situación do sinistro. (Extinción de Árbore de tubaxe de Gas ou simulador de depósito de almacenaxe de propano para calefacción)
Calendario
Data: venres 13 de setembro de 2024.
Horario: 10.00 h. a 14.00 h.
Impartido en
Clase teórica: EE Telecomunicación. Aula por determinar.
Clase práctica: aparcamento lateral da EE Telecomunicación
Observacións
Nota 1: Para facilitar a asistencia do persoal dos centros do Campus de Vigo cidade ao curso, estase xestionando un autobús pero precisamos alcanzar un mínimo de 5 persoas interesadas. Por favor, aquelas persoas que queiran facer uso daquel deben enviarnos un correo no momento da inscrición a sprl.administracion@uvigo.gal
Nota 2: As persoas admitidas só poderán renunciar ao curso cunha antelación mínima de dous días hábiles á data do seu comezo, en caso contrario perderán o dereito a ser admitidas durante un prazo de seis meses a calquera curso que se convoque, agás no suposto de que queden prazas vacantes