Alarma e evacuación (Vigo-mañá)

Información do curso

Alarma e evacuación (Vigo-mañá)


Tipo Cursos de formación do persoal
Código SPRLAVI2400304
Nome Alarma e evacuación (Vigo-mañá)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 3
Descrición

Curso especialmente pensado para o persoal que forma parte dos equipos de alarma e evacuación nos plans de autoprotección dos centros de traballo da Universidade de Vigo.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 814088
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Servizo de Prevención de Riscos Laborais e CUALTIS.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 02/09/2024 09:00 - 05/09/2024 23:59
Período de docencia 13/09/2024 - 13/09/2024

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Persoal docente e investigador e de administración e servizos da Universidade de Vigo. En particular, ten especial interese para os equipos de emerxencia:

  • Equipos de alarma e evacuación.
  • Directores da emerxencia.
  • Xefes de intervención.
  • Traballadores en xeral implicados no plan de emerxencia.

 

 

Criterios de selección

Por estarse implantando o Plan de Autoprotección, terán preferencia o persoal dos seguintes centros, por orden de inscrición.

1º.- EE Telecomunicación

2º.- EE Industrial (sede Campus)

3º.- Edificios Administrativos Campus de Vigo (Edificio Exeria, Edificio Ernestina Otero, Edificio Filomena Dato, Edificio Miralles)

4º.- Resto do persoal do Campus de Vigo

Obxectivos

  • Coñecer as pautas de evacuación para poder desaloxar un centro de forma segura.
  • Realizar unha evacuación dun centro de forma organizada, ordenada e sen causar danos maiores.
  • Concienciarse dos riscos que expón tanto un pequeno incendio como unha evacuación nun centro universitario.

Profesorado

Persoal especializado de CUALTIS.

Programa

     CONTIDO TEÓRICO - PRÁCTICO

    1. Instalacións e medios de protección contra incendios: detección, alarma e extinción.
    2. Autocontrol emocional en urxencias e catástrofes. Xestión de conflitos.
    3. Percorridos e/ou rutas de evacuación.
    4. Comportamento en situacións de emerxencia.
    5. Pautas de actuación:
    Normas fundamentais de evacuación.
    Elementos de protección activa e pasiva.
    Sectorización. Auto socorro e evacuación de compañeiros.
    Zona segura: reunión e recontos.
    6. Plan de Urxencia (organización e operatividade). Aspectos concretos na organización:
    Funcións dos equipos de evacuación e alarma.
    Funcións dos equipos de intervención.
    7. Organización e realización dun exercicio de evacuación nun ou varios escenarios.
    Evacuación total do aula onde se imparte a formación con visión anulada.
    Reingreso ao aula con visión anulada co obxectivo de rescatar a unha vítima e levala ao momento de encontro.
    Evacuación parcial dun sector da universidade se é posible.

 

Calendario

Data: venres 13 de setembro de 2024

Horario: 10.00 h. a 13.00 h.

Impartido en

Sala 4 do Edificio Miralles.

Observacións

As persoas admitidas só poderán renunciar ao curso cunha antelación mínima de dous días hábiles á data do seu comezo, en caso contrario perderán o dereito a ser admitidas durante un prazo de seis meses a calquera curso que se convoque, agás no suposto de que queden prazas vacantes.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos