Introdución a Python
Información do curso
Introdución a Python
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPPYT24 | ||||
Nome | Introdución a Python |
|
|||
Modalidade | Virtual síncrona | ||||
Horas | 25 | ||||
Descrición | Obtención por parte do alumno dos coñecementos necesarios para desenvolver programas informáticos empregando a linguaxe de programación Python. Ademais da aplicación de devanditos coñecementos á resolución de problemas de computación diversos. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024.
Entidades organizadoras
CIXUG.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 23/07/2024 12:00 - 06/09/2024 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 01/10/2024 - 15/10/2024 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 1 |
---|---|
Número máximo de participantes | 5 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
Introducir as distintas contornas de desenvolvemento. A contorna interactiva Jupyter para executar e crear programas.
Coñecer os elementos básicos da linguaxe, as estruturas de control, estruturas de datos, e elementos sintácticos específicos de Python.
Introducir algunhas das bibliotecas máis habituais da linguaxe.
Realizar prácticas e exercicios sinxelos de programación con Python.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
O curso desenvolverase en modalidade virtual síncrona a través do campus do CIXUG os días 1, 3, 8, 10 e 15 de outubro.
Programa
1. Introdución a Python, E/S básica (2 horas)
Instalación da contorna de traballo
Visualización mensaxes por consola (print)
Introdución de texto por teclado (input)
2. Variables e tipos de datos (2 horas)
Declaración de variables
Tipos de datos: enteiros, coma flotante, texto, booleanos
Conversións entre tipos de datos
Formato de cadeas de caracteres, redondeo de cifras
Operadores matemáticos
Exercicios prácticos
3. Cadeas de caracteres e tipos de datos abstractos (4 horas)
Indexación
Extracción de subcadeas
A clase str
Listas e tuplas
Diccionarios
Conxuntos (set)
Exercicios prácticos
4. Control do fluxo do programa (4 horas)
Operadores de comparación
Operadores lóxicos
Estrutura condicional (if-elif-else)
Bucles (for, while)
Rangos
Funcións de procura e transformación de secuencias: sum, min, max, filter, map
Xeración de números pseudoaleatorios
Comprensión de listas
Exercicios prácticos
5. Funcións (4 horas)
Definición e invocación de funcións
Métodos de axuda e documentación
Funcións recursivas
Argumentos variables: *args, *kwargs
Exercicios prácticos
6. Manipulación de ficheiros (2 horas)
Apertura e peche de ficheiros
Lectura e escritura secuencial de datos en ficheiros
Exercicios prácticos
7. Introdución á programación orientada a obxectos (5 horas)
Definición de clases
Atributos e métodos
Herdanza
Polimorfismo
Métodos especiais
Exercicios prácticos
8. Paquetes de terceiros (2 horas)
O índice de paquetes de Python (PyPI)
Instalación de paquetes de terceiros
Exposición dalgúns dos paquetes máis utilizados para a ciencia de datos e o desenvolvemento de aplicacións
Impartido en
Plataforma do CIXUG.
Observacións
IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”
Pode consultar máis información na seguinte ligazón.
Titulación
A superación desta actividade formativa será acreditada polo CIXUG.
Profesorado
Jairo Chapela Martínez
Sistema de avaliación
Desenvolveranse diferentes actividades ao longo do curso.