Introdución á edición de textos científicos con LaTeX

Información do curso

Introdución á edición de textos científicos con LaTeX


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPCILA24
Nome Introdución á edición de textos científicos con LaTeX
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 10
Descrición

Este curso busca dotar ao persoal científico no coñecemento dos elementos básicos da edición de textos matemáticos para a elaboración de documentos científicos baixo o ambiente LaTeX, como artigos, reportes e libros.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024.

Entidades organizadoras

CIXUG.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 23/07/2024 12:00 - 06/09/2024 23:59
Período de docencia 01/10/2024 - 10/10/2024

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 1
Número máximo de participantes 6

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

Coñecer os elementos básicos para a edición de textos matemáticos.
Manexo básico de LaTeX para a edición de textos matemáticos: elaboración de táboas, manexo de figuras, fórmulas e ecuacións...
Manexo de LaTeX na elaboración de documentos científicos.
Manexo de LaTeX na elaboración de presentacións científicas.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase en modalidade virtual síncrona a través do campus do CIXUG os días 1, 2, 8 e 10 de outubro de 9.30 a 11.30 horas.

Programa

Módulo 1. Preliminares
Módulo 2. Procesamento de textos
Módulo 3. Introdución a LATEX: comandos e estilos
Módulo 4. Introdución a LATEX: máis comandos e aspectos de formato e texto
Módulo 5. Introdución a LATEX: figuras e táboas
Módulo 6. Introdución a LATEX: ecuacións e fórmulas
Módulo 7. Consellos para crear presentacións
Módulo 8. Presentacións con LATEX e Beamer
Módulo 9. Presentacións Avanzado
Módulo 10. Bibliografía con LATEX e BibTeX

Impartido en

Plataforma do CIXUG.

Observacións

IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada polo CIXUG.

Profesorado

María José Ginzo Villamayor

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos