Creación e tratamento de imaxes e fotografías con GIMP

Información do curso

Creación e tratamento de imaxes e fotografías con GIMP


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPCIGI242
Nome Creación e tratamento de imaxes e fotografías con GIMP
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 20
Descrición

A creación e manipulación de imaxes é unhas das labores máis habituais nos procesos creativos dixitais. Con este curso perséguese que os/as participantes adquiran as nocións e habilidades básicas para o tratamento de imaxes, desde retocalas ou editalas, ata crealas desde cero nunha nova composición con formas libres, de modo que non só adquiran unhas nocións básicas sobre programas de edición, senón sobre aspectos concretos de deseño gráfico.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024.

Entidades organizadoras

CIXUG.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 23/07/2024 12:00 - 02/09/2024 23:59
Período de docencia 16/09/2024 - 18/10/2024

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 1
Número máximo de participantes 5

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Describir os principais sistemas e modelos que fundamentan os sistemas dixitais de creación de gráficos dixitais.
  • Distinguir as diferentes ferramentas dixitais para a creación e tratamento de imaxes.
  • Analizar as contornas de traballo da edición de imaxes, así como as súas ferramentas e as opcións.
  • Localizar e obter imaxes de forma ética e legal para completar as composicións gráficas.
  • Distinguir entre diferentes tipos de imaxes e saber o seu uso máis adecuado.
  • Crear ou modificar calquera tipo de imaxe, para combinala en calquera proxecto.
  • Ter presentes os conceptos básicos da cor.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase en modalidade virtual asíncrona a través do campus do CIXUG do 16 de setembro ao 18 de outubro.

Desenvolveranse webinars optativos que aínda están pendentes de fixar.

Programa

1. Introdución:
   - Introdución a edición dixital.
   - Cultura libre e Creativa Commons.
   - Formatos de imaxe estándar.
   - Conceptos básicos de imaxes e cores.
   - Obter software de edición de imaxes.
   - Acceso a recursos libres e legais.

2. Primeiros pasos:
   - Tarefas básicas de edición.
   - Capas: Manipulación, flotantes, transformación e combinación.

3. Pintando e seleccionando:
   - Ferramentas de pintura: pinceis, lata, gradacións...
   - Clonado e reparado.
   - Ferramentas de selección.
   - Resolución de problemas frecuentes.

4. Tratamento da cor, transformacións e filtros:
   - Textos.
   - Transformacións: aliñamento e perspectiva.
   - Ferramentas de cor: histogramas e curvas.
   - Máscara de capa.
   - Filtros.
   - Outras aplicacións de tratamento de imaxes.

Impartido en

Plataforma do CIXUG.

Observacións

IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada polo CIXUG.

Profesorado

Óscar Fernández Carballo

É enxeñeiro informático con ampla experiencia como relator e docente TIC a todos os niveis educativos. Creatividade, entusiasmo, entrega, planificación e unha correcta preparación didáctica son a base dos eventos impartidos.
Ten experiencia na coordinación de grupos, eventos e proxectos. Elaboración e direcciónde multitude de cursos, relatoiros e obradoiros (ofimática, deseño gráfico, robótica, programación etc.).

Sistema de avaliación

Desenvolveranse diferentes exercicios ao longo do curso.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos