Prevención e xestión do estrés

Información do curso

Prevención e xestión do estrés


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPXEST242
Nome Prevención e xestión do estrés
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 12
Descrición

O estrés é un dos efectos máis prexudiciais que se produce entre os profesores/as das universidades, consecuencia das múltiples tarefas e actividades académicas. Pode causar ansiedade, malas decisións, precipitación, agresividade e toda unha gama de enfermidades psicosomáticas.
Neste curso preténdese previr, controlar e minimizar os efectos que o estrés causa entre os profesores/as de universidade. Cunha xestión adecuada do estrés conséguese tomar mellores decisións, un control das situacións conflitivas, a optimización do tempo dispoñible, a diminución das preocupacións, e unha mellor calidade de vida profesional e persoal.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Centro de Posgrao e Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 24/07/2024 12:00 - 20/09/2024 23:59
Período de docencia 08/10/2024 - 11/10/2024

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Comprender a importancia da aparición de síntomas de estrés e as súas consecuencias sobre a eficacia no traballo e a calidade de vida.
  • Diferenciar o estrés funcional, que favorece a eficacia no traballo, do estrés disfuncional que provoca desaxustes, malestares e enfermidades profesionais.
  • Analizar as situacións laborais produtoras de estrés, corrixindo os seus factores causantes, con obxecto de minimizar as súas consecuencias.
  • Coñecer e valorar o estrés, comprendendo como afecta a cada participante do curso, tanto no traballo, como na vida persoal.
  • Aplicar as técnicas apropiadas para obter un bo aproveitamento do estrés funcional e a redución do estrés disfuncional.
  • Aplicar os procedementos e ferramentas máis adecuadas de xestión de estrés, aplicables a cada situación particular das persoas participantes.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase en modalidade virtual síncrona os días 8, 9, 10 e 11 de outubro de  10 a 13 horas.

Programa

1ª Parte. Conceptos xerais sobre estrés
O estrés no traballo. Como nos afecta o estrés. A indefensión aprendida. Estresores e situacións estresantes. A síndrome xeral de adaptación. Estrés a longo prazo e as súas consecuencias.

2ª Parte. Como é o meu estrés na actualidade?
O proceso de reacción ao estrés. Estrés funcional e estrés disfuncional. Medición dos estresores dos participantes. Tipos de estrés que afectan ás persoas participantes. Avaliación persoal da miña situación e das miñas respostas ao estrés.

3ª Parte. Como mellorar o meu estrés e a miña calidade de vida?
Estratexias de xestión de estrés. A prevención doestrés disfuncional. Os mellores métodos de tratamento do estrés. Técnicas máis adecuadas de tratamento do estrés para cada participante. Novas achegas da psicoloxía para a xestión óptima do estrés.

Impartido en

A parte virtual síncrona desenvolverase no Campus remoto.

Observacións

IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 15 días desde a súa finalización.

Profesorado

Ramiro Canal Martínez

Estudou Psicoloxía, Psicoloxía educativa e Psicoloxía empresarial pola UNED. É Experto en Planificación Estratéxica pola Universidade Complutense de Madrid, Experto en Xestión do Cambio Empresarial pola Harvard University e Dirección e Xestión de Centros Docentes pola Universidade de Zaragoza.

Ten experiencia en impartición de formación a profesorado universitario sobre competencias transversais.

Sistema de avaliación

  • Asistencia ao 80 % das partes presenciais e síncronas. Nas partes virtuais síncronas será obrigatorio de obrigado cumprimento que as persoas participantes teñan  accesa a cámara web durante o curso e preparado o micrófono para poder intervir na formación.
  • Superación dun cuestionario final composto por dez preguntas onde so unha é verdadeira. Haberá tres intentos para superar a proba e o aprobado será a partir do sete.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos