Curso de iniciación á lingua galega
Información do curso
Curso de iniciación á lingua galega
Tipo | Curso de idiomas | ||||
Código | ANL48.080724 | ||||
Nome | Curso de iniciación á lingua galega |
|
|||
Modalidade | Virtual síncrona | ||||
Horas | 40 | ||||
Descrición | Estudantes de programas de intercambio, PAS e PDI da UVigo proveniente de fóra de Galicia. Students exchange programme, |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 813 574 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
Introdución histórica, antropolóxica, lingüística e cultural do universo galego.
Galician world: Historical, anthropological, linguistic and cultural introduction.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 09/09/2024 09:00 - 26/09/2024 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 01/10/2024 - 19/11/2024 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Créditos ECTS | 1.3 |
Destinatarios/as
Estudantes de programas de intercambio.
Students exchange programme.
Criterios de selección
Por rigorosa orde de inscrición.
Registration will be strictly by order of inscription.
Calendario
Horario das clases telepresenciais:
Martes e xoves, de 16.00 a 18.00 h
Online classes: Tuesday and Thursday, from 16:00 to 18:00 h
Programa
Programa
- O saúdo e a presentación I. O alfabeto e os numerais. O pronome persoal. Léxico e algúns verbos (5 horas)
- O saúdo e a presentación II. A descrición física e a expresión dos intereses persoais. O artigo I. O adxectivo. Os posesivos I. A comparación I. Léxico e algúns verbos (5 horas)
- A descrición espacial. Os días da semana, os meses e as estacións. O artigo II. A comparación II. Os posesivos II. Os demostrativos (5 horas)
- Os hábitos e os oficios. As relacións comerciais cotiás. O xénero gramatical, sílabas e acentuación (7 horas)
- A valoración das cousas inmateriais. A expresión do desexo, do medo, da ledicia etc. Algúns adxectivos de carácter. As partes do corpo e as doenzas. A descrición sensorial e motora. Algúns usos de ser, ter e estar. O pronome persoal II (5 horas)
- Os alimentos e os hábitos culinarios en Galicia. Léxico. A comparación III e os superlativos. Algúns conectores discursivos (5 horas)
- O lecer e as viaxes. A descrición de lugares e a climatoloxía. Expresar accións pasadas: algún verbo en pretérito (8 horas)
Modo de pagamento
De balde
For free
Impartido en
É un curso virtual síncrono.
It is a virtual course.
Observacións
O curso estará recoñecido con 1,3 créditos ECTS.
Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.
Deberase acceder ao curso obrigatoriamente nos tres primeiros días.
The course will be recognised with 1,3 credits (ECTS).
Minimums of 15 people pre-registered are established. If that number is not reached, this course could be cancelled and pre-registered students will be notified. Maximum: 30 students.
Titulación
Todas as titulacións.
All degrees.
Profesorado
Paula Fernández Martínez
Sistema de avaliación
Para obter o diploma correspondente, requírese asistir ao 80 % das clases telepresenciais e realizar o 100 % das actividades, ademais de superar a proba de avaliación establecida polo profesorado.
In order to obtain the corresponding certificate, you must attend at least 80 % of the online programme, do all the activities and pass the exam.
Data da proba final en liña: 21 de novembro, de 17.00 a 18.00 h
Online final exam: 21st November, from 17.00 to 18.00 h