Avanza co galego
Información do curso
Avanza co galego
Tipo | Curso de idiomas | ||||
Código | ANL44.080724 | ||||
Nome | Avanza co galego |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 40 | ||||
Descrición | Curso dirixido a persoas que xa posúen un nivel medio ou medio-alto de galego e queiran mellorar a calidade lingüística e aumentar a súa competencia comunicativa en lingua galega. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 813 574 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 09/09/2024 09:00 - 26/09/2024 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 01/10/2024 - 31/10/2024 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Créditos ECTS | 1.3 |
Destinatarios/as
Membros da comunidade universitaria.
Obxectivos
- Ampliar o coñecemento da lingua galega nun sentido integral para empregalo na práctica comunicativa de maneira eficaz.
- Depurar os erros lingüísticos máis frecuentes na lingua galega para mellorar a competencia comunicativa.
- Empregar diferentes recursos lingüísticos que permitan unha mellora da práctica comunicativa.
- Adquirir unha competencia comunicativa en lingua galega de maior calidade.
Criterios de selección
Por rigorosa orde de inscrición.
Calendario
É un curso virtual asíncrono.
Programa
1. A alimentación e as instrucións de uso (10 horas) 2. A educación e as novas tecnoloxías (10 horas) 3. O medio ambiente. A reclamación ambiental (10 horas) 4. O medio urbano. A instancia ou a solicitude (10 horas) |
Modo de pagamento
De balde.
Impartido en
É un curso virtual asíncrono.
Observacións
O curso estará recoñecido con 1,3 ECTS. O alumnado terá que validalo na secretaría da súa facultade.
Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.
Deberase acceder ao curso obrigatoriamente nos tres primeiros días.
Titulación
Todas as titulacións.
Profesorado
Paula Fernández Martínez
Sistema de avaliación
Para acadar o diploma, requírese realizar o 100 % das actividades e superar o 80 % delas, ademais da correspondente proba final.
Data da proba final en liña: 7 de novembro, de 17.00 a 17.45 h