A universidade, espazo libre de violencias machistas?

Información do curso

A universidade, espazo libre de violencias machistas?


Tipo Outros cursos
Código VM20243
Nome A universidade, espazo libre de violencias machistas?
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 3
Información de contacto:  
 · Teléfono 986813419
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Acción formativa de sensibilización e formación

Entidades organizadoras

Unidade de Igualdade

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 17/06/2024 09:33 - 25/06/2024 12:00
Período de docencia 25/06/2024 - 25/06/2024

Destinatarios/as

Toda a comunidade universitaria

Obxectivos

Desmitificar a idea de que a universidade é un espazo libre de violencias machistas. 

Sensibilizar a persoas da comunidade universitaria con responsabilidade ou funcións relacionadas coa igualdade e a convivencia acerca da necesidade de identificar as violencias machistas e actuar fronte a elas. 

Concienciar a persoas clave da comunidade universitaria acerca das consecuencias que as violencias machistas teñen a nivel individual e institucional. 

Formar a persoas clave da comunidade universitaria en materia de violencias machistas, nomeadamente sobre o acoso sexual e o acoso por razón de sexo. 

Dar pautas claras e concisas de atención e acompañamento nos casos de violencias machistas. 

Condicións de acceso

Por orde de inscrición ata completar as 20 prazas dispoñibles

Programa

  1. A orixe das violencias machistas: a desigualdade.
  2. A universidade, espazo libre de violencias machistas? Do mito á realidade
  3. As violencias machistas: concepto, tipoloxía e consecuencias (individuais e institucionais).
  4. A universidade como espazo seguro: prevención, detección e actuación fronte as violencias machistas

Impartido en

Galego

Profesorado

María López, pedagoga e experta en xénero

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos