Introdución á estatística co programa R
Información do curso
Introdución á estatística co programa R
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPR24 | ||||
Nome | Introdución á estatística co programa R |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | R é un programa estatístico aberto de uso libre e gratuíto, promovido pola comunidade estatística mundial. Actualmente é o programa máis potente e versátil, con moita diferenza sobre calquera outro (SPSS, SAS, ....), e constantemente incorpóranse a R aplicacións, paquetes, funcións e utilidades de carácter xeral ou especializado de interese para calquera ámbito profesional ou científico. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024. Este curso introdutorio é práctico e aplicado. As técnicas estatísticas explícanse paso a paso co programa R. O acceso á plataforma do curso é libre, sen horario, de xeito que cada alumno/a poda organizar o seu tempo e compatibilizar o curso con outras actividades. Para cada unidade didáctica o alumno/a deberá realizar unha tarefa similar ós exemplos explicados e entregala en prazo.
Entidades organizadoras
Área de Formación e Innovación Educativa (Centro de Posgrao e Formación Permanente).
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 09/05/2024 12:00 - 31/07/2024 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 16/09/2024 - 16/10/2024 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
- Aplicar diferentes técnicas estatísticas.
- Interpretar correctamente os datos e os resultados.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
Do 16 de setembro ao 15 de outubro.
Programa
1. Introdución a R. Instalación. Sintaxe. Operacións elementais cos datos.
2. Estatística básica con R: Táboas de frecuencias, medias e medidas de resumo.
3. Gráficos.
4. Correlación e regresión. Regresión lineal. Regresión loxística.
5. Probabilidade. Principais distribucións.
6. Intervalos de confianza, contraste de hipótese. Análise da varianza.
7. Contrastes non paramétricos.
Impartido en
A través da plataforma Moovi.
Observacións
Titorización:
As dúbidas resolveranse a través do foro de dúbidas, de xeito que todo o alumnado poderá ver as preguntas e respostas das demais persoas. Tamén se pode utilizar o correo electrónico dos profesores para facer dúbidas máis específicas (como algún problema de instalación, ou aplicacións estatísticas aos datos propios do alumnado).
IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”
Pode consultar máis información na seguinte ligazón.
Titulación
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 21 días desde a súa finalización.
Profesorado
Antonio Vaamonde Liste
É catedrático de Estatística da Universidade de Vigo.
Ricardo Luaces Pazos
É profesor titular de Estatística da Universidade de Vigo.
Sistema de avaliación
O alumnado deberá superar 7 tarefas, unha por cada tema e ao finalizar o curso superar un exame tipo test de 20 preguntas de resposta múltiple con 4 opcións.