Primeiros auxilios (Ourense mañá)
Información do curso
Primeiros auxilios (Ourense mañá)
Tipo | Cursos de formación do persoal | ||||
Código | SPRLAOU2400206 | ||||
Nome | Primeiros auxilios (Ourense mañá) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 4 | ||||
Descrición | Curso especialmente pensado para o persoal dos equipos de primeiros auxilios e demais persoal que forma parte dos plans de autoprotección dos centros de traballo da Universidade de Vigo, aínda que a formación en primeiros auxilios resulta recomendable para todo o persoal traballador. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 814088 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo
Servizo de Prevención Alleo CUALTIS
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 02/05/2024 09:00 - 07/05/2024 23:00 |
---|---|
Período de docencia | 16/05/2024 - 16/05/2024 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 7 |
---|---|
Número máximo de participantes | 15 |
Destinatarios/as
Persoal docente e investigador e de administración e servizos da Universidade de Vigo.
Obxectivos
Proporcionar os coñecementos máis elementais para poder ofrecer unha axuda eficaz ás persoas que se atopen nunha situación de emerxencia, sexa por accidente ou enfermidade, coa máxima seguridade.
Criterios de selección
1º- Por estarse implantando o Plan de Autoprotección, terán preferencia o persoal do Edificio de Ferro e do Edificio Manuel Martínez Risco, por orde de inscrición.
2º- O resto do persoal do Campus de Ourense, por orde de inscrición.
Calendario
Data: 16 de maio de 2024
Horario: de 09.00 h. a 13.00 h.
Programa
- Xeneralidades
- Apoio vital básico. Prácticas de RCP
- Obstrución das vías aéreas por corpo estraño
- Choque
- Sangrado
- Traumatismo
- Contusións
- Escordaduras e distensións
- Luxacións
- Fracturas
- Queimaduras
- Feridas
- Corpos estraños
- Convulsións
Impartido en
Aula 1.3 do Edificio de Ferro
Observacións
As persoas admitidas só poderán renunciar ao curso cunha antelación mínima de dous días hábiles á data do seu comezo, en caso contrario perderán o dereito a ser admitidas durante un prazo de seis meses a calquera curso que se convoque, agás no suposto de que queden prazas vacantes.
Profesorado
Constantino González Matías: Técnico Emerxencias Sanitarias, Instructor RCP e DESA, Instructor Soporte Vital Básico.