O sistema de vídeo Kaltura na actividade docente

Información do curso

O sistema de vídeo Kaltura na actividade docente


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPKAL24
Nome O sistema de vídeo Kaltura na actividade docente
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual (síncrona e asíncrona)
Horas 12
Descrición

Kaltura permite enriquecer os nosos vídeos ao engadir puntos de interacción, cuestionarios e dar un seguimento personalizado.

Este sistema de vídeo está a ser cada vez máis utilizado nas contornas educativas xa que nos permite ter o control sobre o noso contido, decidir onde se publica dentro da nosa materia virtual e como os/as alumnos/as poden acceder a el.

Así mesmo, Kaltura permítenos facer o seguimento da recepción do vídeo mediante analíticas avanzadas.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Centro de Posgrao e Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 03/05/2024 12:00 - 31/07/2024 23:59
Período de docencia 10/09/2024 - 29/09/2024

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Describir os fundamentos de Kaltura.
  • Empregar a interface de usuario/a de Kaltura.
  • Subir e xestionar o contido multimedia.
  • Integrar os contidos con plataformas de aprendizaxe.
  • Xestionar analíticas e estatísticas.
  • Resolver problemas relacionados co programa.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

Parte síncrona: desenvolverase  os días 10 e 17 de setembro de 10 a 11 horas.
Parte asíncrona: levarase a cabo do 9 ao 29 de setembro.

Programa

1. Describir o espazo de traballo: ferramentas principais e espazo de traballo.
2. Gravar e editar de forma sinxela un vídeo desde a cámara do computador.
3. Cargar arquivos en "Media Gallery".
4. Incorporar recursos multimedia aos meus cursos de Moodle.
5. Como pode usar Kaltura o estudantado?
6. Outros usos: gravar presentacións e cuestionarios en vídeo, e consultar información das analíticas de aprendizaxe e o como se reportan no libro de cualificacións.

Impartido en

Campus remoto e Moovi.

Observacións

IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 21 días desde a súa finalización.

Profesorado

Priscila Guadalupe Parra Cicero

É programadora de docencia virtual no CeFoNT (Centro de Formación en Novas Tecnoloxías da Universidade de Cantabria). É licenciada en Pedagoxía pola Universidade Panamericana (Ciudad de México) e ten un mestrado en Empresa e Tecnoloxías da Información pola Universidade de Cantabria. Posúe unha ampla experiencia na creación, innovación e curación de contidos e-learning, así como na formación técnico-pedagóxica docente sobre a plataforma Moodle e diferentes ferramentas de creación de contidos. Tamén cabe sinalar que participa en diferentes proxectos Erasmus+ creando e maquetando contidos para cursos MOOC.

Sistema de avaliación

  • Asistencia ao 80 % das sesións síncronas do curso. Será de obrigado cumprimento que as persoas participantes teñan accesa a cámara web durante o curso e preparado o micrófono para poder intervir na formación.
  • Os/as alumnos/as deberán crear un curso de Moodle (un espazo de proba que se lles proporcionará na plataforma con antelación e creado polos/as administradores/as onde terán o rol de profesorado) onde se propoña unha actividade con Kaltura.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos