A Unión Europea da era dixital: unha alternativa para os investigadores mozos (2ª edición)
Información do curso
A Unión Europea da era dixital: unha alternativa para os investigadores mozos (2ª edición)
Tipo | Outros cursos | ||||
Código | AUEED2 | ||||
Nome | A Unión Europea da era dixital: unha alternativa para os investigadores mozos (2ª edición) |
|
|||
Modalidade | Virtual síncrona | ||||
Horas | 5 | ||||
Descrición | Cres que o estudo da UE está reservado a economistas, polítológos ou xuristas? Estás a desenvolver unha investigación doutoral? Pensas realizar un TFM ou TFG no futuro inmediato? Consideraches a necesidade ou a oportunidade de incorporar unha perspectiva europea a teu traballo académico? Precisamente, esta actividade, encadrada na Cátedra Jean Monnet European Institutions and Citizens: Adapting the EU to the Digitalisation Challenges (EICAEUD), pretende aproximar os estudantes ao rico e fascinante mundo de estudo sobre a UE. Na actualidade, dado o elevado impacto das súas iniciativas e políticas en aspectos variados das nosas vidas, a UE é un campo de investigación principal para estudantes e investigadores. Por isto, convidámoste a explorar os numerosos eidos que poden ser obxecto de estudio e investigación durante a confección dun traballo académico. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 801973 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
Presentación
A UE representa un campo de estudo fundamental para estudantes universitarios e investigadores debido ao seu impacto en diversos aspectos das sociedades contemporáneas. Na actualidade, a UE non só é un proxecto político e económico de gran relevancia a nivel mundial, senón que inflúe efectivamente en ámbitos como a economía, a cultura, o medio ambiente, a tecnoloxía, a educación ou a ciencia...
Unha das razóns polas que a UE é un importante obxecto de estudo e a súa continua evolución e adaptación aos retos contemporáneos. Desde a súa fundación, experimentou numerosas transformacións como a ampliación das súas fronteiras e a adopción de políticas comúns en ámbitos tan diversos como a protección do medio ambiente, a protección de datos, a regulación do mercado único, a enerxía ou a promoción da igualdade de xénero. Así, a actual UE ofrece un amplo campo de investigación para os interesados na integración europea, na gobernanza multinivel, nas políticas públicas ou na cooperación internacional. Non obstante, o seu estudo non se limita só aos aspectos políticos e económicos, senón que abarca numerosas e diversas materias (tecnoloxía e innovación, ciencia e investigación, saúde pública, transportes, industria, enerxía, pesca e agricultura, ciberseguridade e protección de datos, defensa, actividades espaciais...) abordables desde ángulos académicos especializados (ciencias ambientais, ciencias da saúde, enxeñaría...). Estas perspectivas amosan como a UE inflúe nunha variedade de campos científicos e tecnolóxicos que proporcionan oportunidades de investigación e, en definitiva, contribúen á innovación e o progreso científico e social.
Entón, para os estudantes que se embarcan na elaboración de teses de doutoramento, traballos fin de mestrado (TFM) ou de grado (TFG), a UE ofrece unha ampla gama de temas de investigación que poden ser explorados en profundidade. Estes poden incluír a análise de políticas específicas da UE, ou estudos das súas institucións e procesos de toma de decisións, a avaliación do seu impacto en sectores específicos como os referidos, ou o exame do seu papel no escenario internacional. Todo elo sen esquecer que a UE ofrece numerosas oportunidades para participar en programas de investigación, estadías e proxectos financiados, o que permite aos estudantes adquirir habilidades e capacidades formativas, experiencia práctica e colaborar con expertos na materia.
En resumo, a UE constitúe un obxecto de estudo fascinante e relevante para estudantes universitarios e investigadores mozos. Ofrece un amplo espectro de temas de investigación nos que é indispensable actuar para avanzar no seu coñecemento académico e comprensión.
Entidades organizadoras
Cátedra Jean Monnet Institucións e cidadáns europeos: Adaptar a UE aos retos da dixitalización (EICAEUD)
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 23/04/2024 18:34 - 17/06/2024 14:00 |
---|---|
Período de docencia | 18/06/2024 - 05/07/2024 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 5 |
---|---|
Número máximo de participantes | 25 |
Destinatarios/as
Estudantes e investigadores universitarios interesados
Obxectivos
Obxectivos
Ademais de estimular a investigación en xeral, o obxectivo desta actividade consiste na presentación de posibles obxectos de estudo e investigación vinculados coa UE por parte daqueles estudantes de grao, mestrado ou doutoramento interesados na materia.
Condicións de acceso
Realización da inscrición a través de Bubela
Criterios de selección
Orde de inscrición na plataforma Bubela
Calendario
Data: Martes, 18 de xuño de 2024.
Horario: 16:30 a 19:30h.
Programa
Contidos
- Achegamento xeral á UE
- De que se ocupa a UE? Posibles campos de investigación
- Fontes de información sobre a UE
- Estudantes e investigadores en contacto directo coa UE: bolsas e axudas
Modo de pagamento
Trátase dunha actividade de balde
Impartido en
Campus Remoto da UVigo.
Salón de Actos da Facultade de Dirección e Xestión Pública https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/925276772
Titulación
Todas as titulacións da Universidade de Vigo
Profesorado
Prof. Celso Cancela Outeda
Titular da Cátedra Jean Monnet European Institutions and Citizens: Adapting the EU to the Digitalisation Challenges (EICAEUD)
Sistema de avaliación
Asistencia á sesión e entrega dunha tarefa titorizada