Primeiros auxilios (Vigo cidade- mañá)

Información do curso

Primeiros auxilios (Vigo cidade- mañá)


Tipo Cursos de formación do persoal
Código SPRLAVI2400202
Nome Primeiros auxilios (Vigo cidade- mañá)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 4
Descrición

Curso especialmente pensado para o persoal dos equipos de primeiros auxilios e demais persoal que forma parte dos plans de autoprotección dos centros de traballo da Universidade de Vigo, aínda que a  formación en primeiros auxilios resulta recomendable para todo o persoal traballador.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 814088
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo

Servizo de Prevención Alleo CUALTIS

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 23/04/2024 09:00 - 26/04/2024 14:00
Período de docencia 07/05/2024 - 07/05/2024

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 7
Número máximo de participantes 15

Destinatarios/as

Persoal docente e investigador e de administración e servizos da Universidade de Vigo.

Obxectivos

Proporcionar os coñecementos máis elementais para poder ofrecer unha axuda eficaz ás persoas que se atopen nunha situación de emerxencia, sexa por accidente ou enfermidade, coa máxima seguridade.

Criterios de selección

1º- Por estarse implantando o Plan de Autoprotección, terán preferencia o persoal da Escola de Enxeñaría Industrial e do Edificio Redeiras, por orde de inscrición.

2º- O resto do persoal do Campus de Vigo (sede cidade), por orde de inscrición.

Calendario

Data: 7 de maio de 2024

Horario: de 09.00 h. a 13.00 h.

 

Programa

  • Xeneralidades
  • Apoio vital básico. Prácticas de RCP
  • Obstrución das vías aéreas por corpo estraño
  • Choque
  • Sangrado
  • Traumatismo
  • Contusións
  • Escordaduras e distensións
  • Luxacións
  • Fracturas
  • Queimaduras
  • Feridas
  • Corpos estraños
  • Convulsións

Impartido en

Aula de audiovisuais da Escola de Enxeñaría Industrial de Torrecedeira.

Observacións

As persoas admitidas só poderán renunciar ao curso cunha antelación mínima de dous días hábiles á data do seu comezo, en caso contrario perderán o dereito a ser admitidas durante un prazo de seis meses a calquera curso que se convoque, agás no suposto de que queden prazas vacantes.

Profesorado

Francisco Javier Álvarez Martíns: Técnico Emerxencias Sanitarias, Instructor RCP e DESA, Instructor Soporte Vital Básico.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos