TRANSFER4FUTURE - Píldoras sobre transferencia de coñecemento
Información do curso
TRANSFER4FUTURE - Píldoras sobre transferencia de coñecemento
Tipo | Outros cursos | ||||
Código | TRANSFER4FUTURE | ||||
Nome | TRANSFER4FUTURE - Píldoras sobre transferencia de coñecemento |
|
|||
Modalidade | Virtual síncrona | ||||
Horas | 15 | ||||
Descrición | Píldoras sobre temas concretos e relevantes no mundo da transferencia enfocadas á comunidade investigadora e ao persoal xestor da Universidade de Vigo, co obxectivo de incentivar a participación en actividades de transferencia do coñecemento e presentar as diferentes ferramentas dispoñibles para a interacción entre a universidade e o tecido socio-económico. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | +34 986 812 236 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
HEI4Future é un proxecto europeo financiado pola HEI Initiative da EIT e coordinado pola UVigo que ten como obxectivos desenvolver capacidades emprendedoras e de innovación das persoas vinculadas ás HEI a través de procesos de co-deseño, innovación aberta e soft skills para convertir as capacidades tecnolóxicas individuais e colectivas en novas habilidades, para a xeración de novos produtos e servizos traballando con diferentes ecosistemas industriais. Para iso o proxecto conta cun amplo catálogo de actividades para a promoción do espíritu empresarial, como son os programas formativos para profesores e persoal educativo, estudantes, directivos e emprendedores; obradoiros para a creación de equipos e xeración de ideas e apoio directo a través de redes de mentores ou programas de mobilidade internacional.
Dentro da súa proposta formativa, HEI4Future propón o programa TRANSFER4Future, unha colección de sesións formativas sobre aspectos concretos e relevantes no campo da transferencia e enfocadas tanto á comunidade investigadora como ao persoal xestor da Universidade de Vigo, co obxectivo de incentivar a participación en actividades de transferencia do coñecemento e presentar as diferentes ferramentas dispoñibles para a interacción entre a universidade e o tecido socio-económico.
O programa, que consta de 7'5h distribuidas en 5 sesións, desenvolverase en formato virtual a través do Campus remoto da UVigo e permite a asistencia individual aos distintos seminarios propostos.
Entidades organizadoras
Ángeles López Lozano. Directora da Oficina de I+D (dirotri@uvigo.es)
Jose Jato Darriba. Técnico Superior I+D da Oficina de I+D (otri-valorizacion@uvigo.gal)
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 13/03/2024 22:46 - 06/05/2024 22:46 |
---|---|
Período de docencia | 09/04/2024 - 07/05/2024 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 20 |
---|---|
Número máximo de participantes | 50 |
Destinatarios/as
Os destinatarios do curso son:
- Comunidade investigadora da Universidade de Vigo
- Persoal xestor de centros, agrupacións e grupos de investigación da Universidade de Vigo
Obxectivos
Os principais obxectivos do curso son:
- Aumentar a capacitación do persoal de promoción e xestión da I+D+i.
- Dar a conocer os recursos, ferramentas e procedementos da UVigo para a xestión e a promoción da I+D+i.
- Afianzar a colaboración entre os diferentes servizos, oficinas, centros e grupos de investigación da UVigo na xestión e a promoción da investigación, a innovación e a transferencia.
Calendario
O calendario proposto para as distintas sesións é:
9 de abril: Por que transferir o coñecemento? (1,5 horas)
16 de abril: A colaboración universidade-empresa (1,5 horas)
23 de abril: A importancia da protección do coñecemento (1,5 horas)
30 de abril: A Valorización e as vías de explotación do coñecemento (1,5 horas)
7 de maio: Creación de empresas a partir dos resultados da investigación (1,5 horas)
Horario: de 09:30 a 11:00 horas
Modo de pagamento
O curso ten carácter gratuíto
Impartido en
O curso terá un formato virtual a través do campus remoto da UVIGO.
Observacións
Existe ademais a posibilidade de asistir individualmente aos diferentes seminarios.
Profesorado
Persoal da Oficina de I+D da Universidade de Vigo