Obradoiro Elaboración e Xestión de Proxectos financiados pola UE no contexto dixital (2ª edición)

Información do curso

Obradoiro Elaboración e Xestión de Proxectos financiados pola UE no contexto dixital (2ª edición)


Tipo Outros cursos
Código EXPFUECD02
Nome Obradoiro Elaboración e Xestión de Proxectos financiados pola UE no contexto dixital (2ª edición)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 5
Información de contacto:  
 · Teléfono 986 801973
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Presentación

A Unión Europea ofrece financiamento para a realización de proxectos orientados ao desenvolvemento socioeconómico. Xa que logo, constitúe unha oportunidade tanto para entidades privadas como para as administracións públicas que desexan impulsar proxectos innovadores de diverso tipo. A cotío, están en marcha convocatorias que contemplan diversos instrumentos de financiamento coas súas características e criterios de avaliación. 

A Cátedra Jean Monnet European Institutions and Citizens: Adapting the EU to the Digitalisation Challenges (EICAEUD) oferta este Obradoiro para iniciar aos participantes na elaboración de proxectos acollidos a convocatorias promovidas pola Unión Europea. A actividade combina a achega duns mínimos contidos teóricos coa formulación de candidaturas a nivel práctico. Deste xeito, agardase aumentar as habilidades e capacidades prácticas dos participantes para incrementar as posibilidades de empregabilidade nun eido con alta demanda en universidades ou consultorías.

Entidades organizadoras

Prof. Celso Cancela Outeda (dir.)

Información sobre o calendario (datas)

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 25
Número máximo de participantes 50

Destinatarios/as

Estudantes universitarios (Dirección e Xestión Pública, Dereito, Economía, ADE, etc.), empregados públicos e público interesado, en xeral.

Obxectivos

O obxectivo xeral consiste na iniciación dos participantes na elaboración e xestión de proxectos de convocatorias promovidas pola Unión Europea

Criterios de selección

Orde de inscrición en Bubela

Calendario

Martes 9 e xoves 11 de abril de 2024

Horario: 16 a 18:30h.

Programa

Contidos

  1. Introdución: Unión Europea e políticas públicas
  2. Aspectos básicos da elaboración e xestión de proxectos europeos. As plataformas dixitais.
  3. Pasos clave para a formulación de proxectos na contorna dixital.
  4. Como elaborar e presentar unha proposta europea?
  5. Consideracións finais: recomendacións e consellos

Modo de pagamento

De balde

Impartido en

Campus Remoto da UVigo

Salón de Actos da Facultade de Dirección e Xestión Pública

https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/925276772

Profesorado

Celso Cancela Outeda, Profesor titular de Ciencia Política e da Administración, UVigo 

Eva Garea Oya, Directora da Área de Proxectos Internacionais de Educación, UVigo

Sistema de avaliación

Asistencia ao 85% das sesións previstas e entrega dunha tarefa final titorizada.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos