Como aumentar a motivación do alumnado universitario

Información do curso

Como aumentar a motivación do alumnado universitario


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPM24
Nome Como aumentar a motivación do alumnado universitario
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual (síncrona e asíncrona)
Horas 20
Descrición

A motivación é un aspecto esencial no proceso de ensino-aprendizaxe e supón un reto para os/as docentes. A motivación do estudantado asóciase co seu rendemento académico, a súa asistencia e participación na clase e coas aprendizaxes significativas.

A motivación na aula pode ser aumentada a través de diversas pautas específicas e ferramentas. Este curso nace coa intenciónde potenciar a competencia de motivación do profesorado.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Centro de Posgrao e Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 07/02/2024 12:00 - 20/02/2024 23:59
Período de docencia 01/03/2024 - 29/03/2024

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Identificar as características da motivación.

  • Analizar as diferenzas entre o estudantado con motivación intrínseca e o estudantado con motivación extrínseca.

  • Aplicar estratexias xerais e específicas para aumentar a motivación do estudantado.

  • Afondar nos elementos fundamentais do proceso de ensino-aprendizaxe: a estrutura da clase, o rol do/a docente e o rol do estudantado.

  • Introducir metodoloxías dinámicas no ensino-aprendizaxe.

  • Poñer en práctica algunhas estratexias de gamificación como ferramentas motivacionais na docencia.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase nas seguintes modalidades:
-Virtual síncrona (12 horas): os días 1, 8, 15 e 22 de marzo de 16.30 a 19.30 horas.
-Virtual asíncrona (8 horas): ata o 29 de marzo.

Programa

  1. Concepto de motivación.

  2. Motivación do estudantado.
    2.1. Estudantado con motivación extrínseca.
    2.2. Estudantado con motivación intrínseca.
    2.3. Pautas específicas para aumentar a motivación.
    2.4. Estratexias xerais para aumentar a motivación.
  1. Principios básicos no proceso de ensino-aprendizaxe:
    3.1. A estrutura da clase.
    3.2. O rol docente.
    3.3. O rol do estudantado.
  1. As metodoloxías dinámicas de ensino-aprendizaxe.

  2. Uso da gamificación como ferramenta motivacional na docencia. Algunhas ferramentas útiles.

Impartido en

Campus remoto e Moovi.

Observacións

IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 21 días desde a súa finalización.

Profesorado

Carmen María Gálvez Sánchez

É doutora en Psicoloxía pola Universidade de Murcia, onde imparte formación. Cursou o Mestrado en Innovación e Investigación en Saúde, Coidados e Calidade de Vida (Universidade de Jaén) e o Mestrado en Psicoloxía Xeral Sanitaria (Universidade de Jaén). Posúe ampla experiencia na impartición de formación relacionada coa motivación a nivel universitaria.

Sistema de avaliación

  • Asistencia ao 80 % das sesións síncronas do curso. Será de obrigado cumprimento que as persoas participantes teñan accesa a cámara web durante o curso e preparado o micrófono para poder intervir na formación.
  • Superación das actividades da parte asíncrona (8 horas).

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos