Introdución á Aprendizaxe-Servizo no ensino superior

Información do curso

Introdución á Aprendizaxe-Servizo no ensino superior


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP24APS
Nome Introdución á Aprendizaxe-Servizo no ensino superior
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 10
Descrición

A Aprendizaxe-Servizo (ApS) é unha metodoloxía pedagóxica na cal os/as participantes aprenden mentres actúan sobre necesidades reais da contorna coa finalidade de mellorala. Deste xeito, este tipo de proxectos son unha oportunidade para establecer un maior vínculo entre universidade e sociedade nun marco de reciprocidade.
Nesta formación preténdese facer unha achega aplicada a esta estratexia metodolóxica, de tal xeito que poda ser integrada en materias de diferentes áreas de coñecemento.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Centro de Posgrao e Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 15/02/2024 12:00 - 05/04/2024 23:59
Período de docencia 16/04/2024 - 25/04/2024

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Contribuír ao coñecemento da Aprendizaxe-Servizo (ApS) como metodoloxía innovadora na educación superior.
  • Analizar as potencialidades pedagóxicas da ApS no EEES.
  • Explorar as posibilidades da aprendizaxe-servizo como canle de desenvolvemento cognitivo, afectivo e ético dos/as estudantes de ensino universitario.
  • Deseñar un proxecto de ApS adaptado ás diferentes ensinanzas.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Programa

Sesión 1 (Virtual síncrona - 16 de abril de 16 a 18 horas: 2 horas: Igor Mella Núñez)
- Que é a ApS? Que non é a ApS?
- A ApS na universidade: orixes e desenvolvemento.
- A ApS como metodoloxía para o desenvolvemento de competencias de aprendizaxe.
- Potencialidades e limitacións da ApS

Sesión 2 (Presencial - a elixir entre un dos campus: Campus de Vigo-18 de abril de 16.30 a 20.30 horas ou Campus de Ourense-19 de abril de 16.30 a 20.30 horas: 4 horas: Alesandre Sotelino Losada)
- Deseño e avaliación dun proxecto de ApS.

Sesión 3 (Virtual síncrona- 25 de abril de 16 a 20 horas: 4 horas: Alexandre Sotelino Losada)
- Entrega de proposta e titorización

Modo de pagamento

O curso desenvolverase en modalidade mixta: virtual e presencial.

Parte virtual síncrona (6 horas): 16 de abril de 16 a 18 horas e 25 de abril de 16 a 20 horas.
Parte presencial (4 horas) a elixir entre os campus de Vigo e Ourense:
-Campus de Vigo: 18 de abril de 16.30 a 20.30 horas.
-Campus de Ourense: 19 de abril de 16.30 a 20.30 horas.

Impartido en

Parte virtual: campus remoto e Moovi.
Parte presencial:
-Campus de Vigo: Aula-seminario 8. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
-Campus de Ourense: Laboratorio informático 112. Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social.

Observacións

IMPORTANTE:

Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación da formación será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 21 días desde a finalización dela.

Profesorado

Alexandre Sotelino Losada

É profesor no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Santiago de Compostela, anteriormente traballou tamén na Universidade de Vigo baixo outras figuras profesionais. É membro do Grupo de Investigación Esculca e de varias redes de investigación no ámbito educativo. Desempeñou varios cargos de xestión a USC e noutras entidades externas. Conta ademais cunha ampla traxectoria de investigación na que participa en numerosos proxectos autonómicos, estatais e internacionais que deron lugar a varias publicacións de impacto. Recentemente asumiu a dirección do grupo de innovación docente Alén-ApS onde participan docentes de diferentes áreas de coñecemento.

Igor Mella Núñez

É doutor en Educación con Mención Internacional e Premio Extraordinario pola Universidade de Santiago de Compostela, onde actualmente é Profesor Axudante Doutor no Departamento de Pedagoxía e Didáctica (Facultade de Ciencias da Educación). É membro do Grupo de Investigación ESCULCA, da Rede de Investigación RIES e da Rede de Excelencia UNIASC. As súas liñas de investigación principais vincúlanse coa educación superior, o aprendizaxe-servizo e o desenvolvemento de competencias.

Sistema de avaliación

  • Asistencia ao 80 % das partes presenciais e síncronas. Nas partes virtuais síncronas será obrigatorio de obrigado cumprimento que as persoas participantes teñan  accesa a cámara web durante o curso e preparado o micrófono para poder intervir na formación.
  • Entrega dun bosquexo de proxecto de Aprendizaxe-Servizo adaptado as materias impartidas.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos