A calidade lingüística no teu TFG ou TFM

Información do curso

A calidade lingüística no teu TFG ou TFM


Tipo Curso de idiomas
Código ANL46.090124
Nome A calidade lingüística no teu TFG ou TFM
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 30
Descrición

É imprescindible redactar con corrección os traballos académicos e saber expresar as ideas para expoñer os resultados dun TFG ou TFM.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 813 574
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 05/02/2024 09:00 - 23/02/2024 14:00
Período de docencia 04/03/2024 - 02/04/2024

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 30
Créditos ECTS 1

Destinatarios/as

Membros da comunidade universitaria.

Obxectivos

1. Mellorar a calidade da lingua nos traballos de investigación.

2. Afondar nos parámetros de redacción académica e científica.

3. Fomentar o uso do galego nos traballos de investigación.

Criterios de selección

Por rigorosa orde de inscrición.

Calendario

É un curso virtual asíncrono.

 

Programa

Tema 1. Acentuación (6 horas)

Tema 2. Ortografía (6 horas)

Tema 3. Femininos, plurais e verbos (6 horas)

Tema 4. Confusión de uso (5 horas)

Tema 5. Curiosidades lingüísticas (7 horas)

Modo de pagamento

De balde.

Impartido en

É un curso virtual asíncrono.

Observacións

O curso estará recoñecido con 1 crédito ECTS. O alumnado terá que validalo na secretaría da súa facultade.

Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.

Deberase acceder ao curso obrigatoriamente nos tres primeiros días.

 

Titulación

Todas as titulacións.

Profesorado

Diego Fernández Martínez

Sistema de avaliación

Para acadar o diploma, requírese realizar o 100 % das actividades e superar o 80 % delas, ademais da correspondente proba final.

Data da proba final en liña: 4 de abril, de 17.00 a 17.45 h

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos