Microsoft Excel para a docencia (Avanzado)
Información do curso
Microsoft Excel para a docencia (Avanzado)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPEXC24 | ||||
Nome | Microsoft Excel para a docencia (Avanzado) |
|
|||
Modalidade | Virtual síncrona | ||||
Horas | 21 | ||||
Descrición | A formación está dirixida ao profesorado que ou ben posúe coñecemento básico da ferramenta con anterioridade ou ben participou no curso de iniciación que serve de introdución a este. Ao finalizar o curso os/as participantes na formación coñecerán en profundidade as posibilidades que lles ofrece Excel para a importación e o tratamento de datos: cadros de mando, importación desde fontes de datos externas, conexión a bases de datos remotas etc. Ademais, introducirase o concepto e utilidade do modelo de datos, permitindo, entre outros, a creación de táboas e gráficos dinámicos de múltiples fontes ao mesmo tempo. Así mesmo, analizaranse as posibilidades que ofrece Excel no campo da estatística introducindo as principais ferramentas dispoñibles neste campo. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024.
Entidades organizadoras
Área de Formación e Innovación Educativa (Centro de Posgrao e Formación Permanente).
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 04/12/2023 12:00 - 12/01/2024 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 05/03/2024 - 02/04/2024 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
- Ser quen de importar, filtrar e tratar información de diferentes fontes de datos.
- Definir o modelo de datos de Excel e algúns dos seus principais casos de uso.
- Describir as funcionalidade das táboas dinámicas de Excel.
- Describir as funcionalidades os gráficos dinámicos en Excel.
- Analizar os gráficos 3D e a súa utilización con información xeolocalizada.
- Analizar as ferramentas estatísticas que nos facilita a ferramenta.
Condicións de acceso
O alumnado deberá estar familiarizado con:
- Os conceptos de referencias relativas, mixtas e absolutas.
- O concepto e a diferenza entre un rango, unha táboa e unha táboa dinámica e os seus casos de uso principais.
- As funcionalidades básicas que ofrece Excel no campo da creación de gráficos.
- O uso xeral das funcións e o aniñamento destas.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
O curso desenvolverase en modalidade virtual síncrona os días 5, 7, 12, 14, 19, 21 de marzo e 2 de abril de 16 a 19 horas.
Programa
Tema 1: Táboas dinámicas avanzadas. Uso de múltiples fontes. Uso do modelo de datos.
Tema 2: Gráficos dinámicos avanzados. Creación de cadros de mando. Segmentación e filtros comúns.
Tema 3: Outros tipos de gráficos. Gráficos con información xeolocalizada.
Tema 4: Importación, validación e tratamento de ficheiros de datos.
Tema 5: Conexión a diferentes fontes de datos: bases de datos, web, ficheiros CSV etc.
Impartido en
Campus remoto e Moovi.
Observacións
Titorización:
O alumnado poderá formular as súas dúbidas por correo electrónico ao longo do curso e no caso de que algunha persoa necesite atención presencial establecerase unha sesión síncrona de titoría.
IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”
Pode consultar máis información na seguinte ligazón.
Titulación
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 15 días desde a súa finalización.
Profesorado
Guillermo Rey González
É doutor pola Universidade de Vigo e imparte docencia no Grao de Enxeñaría Espacial. Posúe ampla experiencia na impartición de cursos de formación sobre Excel: desde o programa eDestrezas, cursos de verán e formacións especializadas para departamentos e unidades da Universidade de Vigo.
Sistema de avaliación
- Asistencia ao 80 % das sesións síncronas do curso.
- Superación de catro exercicios prácticos nos que o alumnado amose a súa asimilación dos principais conceptos desenvolvidos.
- Superación do cuestionario-test final de avaliación. Estará composto por 10 preguntas, con catro posibles respostas e unha correcta.
O estudantado deberá obter un 7 en cada unha das probas para aprobar o curso.