Primeiros auxilios (Vigo-mañá)
Información do curso
Primeiros auxilios (Vigo-mañá)
Tipo | Cursos de formación do persoal | ||||
Código | SPRLAVI2300401 | ||||
Nome | Primeiros auxilios (Vigo-mañá) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 4 | ||||
Descrición | Curso especialmente pensado para o persoal dos equipos de primeiros auxilios e demais persoal que forma parte dos plans de autoprotección dos centros de traballo da Universidade de Vigo, aínda que a formación en primeiros auxilios resulta recomendable para todo o persoal traballador. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 814088 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Entidades organizadoras
Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo
Servizo de Prevención Alleo CUALTIS
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 19/09/2023 08:30 - 22/09/2023 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 04/10/2023 - 04/10/2023 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 7 |
---|---|
Número máximo de participantes | 15 |
Destinatarios/as
Persoal docente e investigador e de administración e servizos da Universidade de Vigo.
Criterios de selección
Por orde de inscrición.
Obxectivos
Proporcionar os coñecementos máis elementais para poder ofrecer unha axuda eficaz ás persoas que se atopen nunha situación de emerxencia, sexa por accidente ou enfermidade, coa máxima seguridade.
Profesorado
Francisco Javier Álvarez Martíns: Técnico Emerxencias Sanitarias, Instructor RCP e DESA, Instructor Soporte Vital Básico.
Programa
- Principios xerais a asistencia dun accidentado
- O botiquín de primeiros auxilios
- Resucitación Cardiopulmonar(RCP)
- Shock
- Hemorraxias
- Feridas
- Queimaduras
- Fracturas
- Corpos estranos
- Intoxicacións
- Manipulación e transporte de feridos
Calendario
Data: 4 de outubro de 2023
Horario: de 09.00 h. a 13.00 h.
Impartido en
Sala 1 do Edificio Miralles.
Observacións
As persoas admitidas só poderán renunciar ao curso cunha antelación mínima de dous días hábiles á data do seu comezo, en caso contrario perderán o dereito a ser admitidas durante un prazo de seis meses a calquera curso que se convoque, agás no suposto de que queden prazas vacantes.