Curso de redacción e estilo
Información do curso
Curso de redacción e estilo
Tipo | Curso de idiomas | ||||
Código | ANL43.030723 | ||||
Nome | Curso de redacción e estilo |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 40 | ||||
Descrición | Escribir pode ser unha tarefa actractiva se adquirimos certas habilidades e coñecementos que melloran, e moito, os nosos textos. Por iso un curso de redacción e estilo pode representar unha oportunidade para achegar coñecementos de estilo e de redacción a quen se enfronta diariamente coa tarefa de producir escritos. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 813 574 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 04/09/2023 09:00 - 22/09/2023 14:00 |
---|---|
Período de docencia | 07/11/2023 - 12/12/2023 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Créditos ECTS | 1.3 |
Destinatarios/as
Membros da comunidade universitaria
Obxectivos
- Coñecer e valorar o concepto de lexibilidade, así como reflexionar sobre as variables que inflúen na lexibilidade dun texto e saber diferenciar rexistros para axustar os niveis de expresión a cada situación comunicativa.
- Valorar a utilidade de planificar e ordenar a información dos nosos textos, ademais de fixar as cuestións que debemos ter en conta á hora de redactar e revisar o que escribimos.
- Adquirir os coñecementos necesarios para redactar textos cunha linguaxe clara, precisa e adecuada; coa idea de coñecer as pautas básicas para emitir e recoñecer textos ben escritos.
- Perfeccionar a expresión escrita, para chegar a elaborar textos expresivos e correctos, que teñan en conta aspectos como a adquisición de destrezas no uso correcto da puntuación.
Criterios de selección
Por rigorosa orde de inscrición.
Calendario
É un curso virtual asíncrono.
Programa
- Claves para unha redacción eficaz
- Comezar a escribir
- Para redactar ben
- Puntuar un texto
- Abreviacións
- Maiúsculas e minúsculas
- Recursos tipográficos
- Lingua e usos non-sexistas
- Palabras de ortografía dubidosa
- A revisión do texto
- Redacción de documentos
- Lingua galega: actualidade e ferramentas TIC
Modo de pagamento
De balde.
Impartido en
É un curso virtual asíncrono.
Observacións
O curso estará recoñecido con 1,3 créditos ECTS. O alumnado terá que validalo na secretaría da súa facultade.
Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.
Deberase acceder ao curso obrigatoriamente nos tres primeiros días.
Titulación
Todas as titulacións.
Profesorado
Tagen Ata
Sistema de avaliación
Para acadar o diploma, requírese realizar o 100 % das actividades e superar o 80 % delas, ademais da correspondente proba final.
Data da proba final en liña: 13 de decembro, de 17.00 a 17.45 h