Como conectar coa túa audiencia ao outro lado da pantalla

Información do curso

Como conectar coa túa audiencia ao outro lado da pantalla


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPCO23
Nome Como conectar coa túa audiencia ao outro lado da pantalla
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 9
Descrición

Falar diante dun dispositivo electrónico ofrece unha comunicación próxima e intensa, e a sensación de presenza e proximidade, polo que os matices cobran unha importancia superior á que alcanzan nas exposicións presenciais.
Todo o que se mostra na pantalla, comunica. Todos os detalles que rodean ás persoas que falan a través dun computador, unha tableta ou un teléfono intelixente acentúanse. Esta realidade obriga a coidar o espazo, a postura, a orientación, a expresión facial, os movementos do corpo e das mans, a velocidade, o ton, as argumentacións, entre outras cuestións, para ofrecer unha charla óptima.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2023. Como conectar cunha audiencia alén da pantalla potencia a túa singularidade como orador e oradora e facilítache conectar coa túa audiencia. Mellora a habilidade protagonista dos encontros profesionais, a comunicación interpersoal. Atréveche a mostrar a túa voz, impulsar o teu estilo comunicativo e resaltar a naturalidade, o entusiasmo e a humildade. A arte da comunicación é a linguaxe do liderado!

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 06/06/2023 12:00 - 20/09/2023 23:59
Período de docencia 04/10/2023 - 11/10/2023

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

- Mellorar a capacidade de influencia.
- Potenciar un estilo de comunicación único.
- Gañar notoriedade.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

Desenvolverase os días 4, 6 e 11 de outubro de 16 a 19 horas.

Programa

1. Sen escoita non hai comunicación.
2. Barreiras na comunicación, como evitalas.
3. O comportamento non verbal nas videoconferencias.
4. Formatos habituais na comunicación síncrona virtual.
5. Preparación da contorna.
6. Preparación da intervención.
7. Recomendacións para unha comunicación eficaz.

Impartido en

A través do campus remoto. Unha semana antes recibirá a información para poder acceder.

Observacións

IMPORTANTE:

Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 15 días desde a súa finalización.

Profesorado

María del Mar Castro Maestre

É doutora en Comunicación pola Universidade de Vigo. Compaxina o seu labor de asesora internacional en Comunicación Executiva e Marca Persoal coa docencia en universidades e escolas de negocio iberoamericanas. É autora de sete publicacións sobre as súas áreas de especialización e creadora do blogue de comunicación www.marcastro.es. Así mesmo, colaboradora en medios como experta en Comunicación e Protocolo e conta con varios recoñecementos nacionais e internacionais.

Sistema de avaliación

Sería necesario asistir ao 80 % das sesións asíncronas e superar un cuestionario final de 10 preguntas.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos