Introdución á estatística co programa R

Información do curso

Introdución á estatística co programa R


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPR23
Nome Introdución á estatística co programa R
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 20
Descrición

R é un programa estatístico aberto de uso libre e gratuíto, promovido pola comunidade estatística mundial. Actualmente é o programa máis potente e versátil, con moita diferenza sobre calquera outro (SPSS, SAS, ....), e constantemente incorpóranse a R aplicacións, paquetes, funcións e utilidades de carácter xeral ou especializado de interese para calquera ámbito profesional ou científico.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2023. Este curso introdutorio é práctico e aplicado. As técnicas estatísticas explícanse paso a paso co programa R. O acceso á plataforma do curso é libre, sen horario, de xeito que cada alumno/a poda organizar o seu tempo e compatibilizar o curso con outras actividades. Para cada unidade didáctica o alumno/a deberá realizar unha tarefa similar ós exemplos explicados e entregala en prazo.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 05/06/2023 12:00 - 04/09/2023 23:59
Período de docencia 15/09/2023 - 15/10/2023

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

- Aplicar diferentes técnicas estatísticas.
- Interpretar correctamente os datos e os resultados.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

Do 15 de setembro ao 15 de outubro.

Programa

1. Introdución a R. Instalación. Sintaxe. Operacións elementais cos datos.
2. Estatística básica con R: Táboas de frecuencias, medias e medidas de resumo.
3. Gráficos.
4. Correlación e regresión. Regresión lineal. Regresión loxística.
5. Probabilidade. Principais distribucións.
6. Intervalos de confianza, contraste de hipótese. Análise da varianza.
7. Contrastes non paramétricos.

Impartido en

A través da plataforma Moovi.

Observacións

Titorización:

As dúbidas resolveranse a través do foro de dúbidas, de xeito que todo o alumnado poderá ver as preguntas e respostas das demais persoas. Tamén se pode utilizar o correo electrónico dos profesores para facer dúbidas máis específicas (como algún problema de instalación, ou aplicacións estatísticas aos datos propios do alumnado).

IMPORTANTE:

Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 15 días desde a súa finalización.

Profesorado

Antonio Vaamonde Liste

É catedrático de Estatística da Universidade de Vigo.

Ricardo Luaces Pazos

É profesor titular de Estatística da Universidade de Vigo.

Sistema de avaliación

O alumnado deberá superar 7 tarefas, unha por cada tema e ao finalizar o curso superar un exame tipo test de 20 preguntas de resposta múltiple con 4 opcións.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos