Introdución ao uso de intelixencia artificial xenerativa na docencia e investigación universitaria

Información do curso

Introdución ao uso de intelixencia artificial xenerativa na docencia e investigación universitaria


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPIA23
Nome Introdución ao uso de intelixencia artificial xenerativa na docencia e investigación universitaria
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 10
Descrición

Este curso introduce ás persoas participantes na intelixencia artificial (IA) xerativa e chatbots aplicada á docencia e investigación universitaria. Analizaranse as posibilidades das IA para ofrecer apoio e interactuar con estudantes, mellorando a docencia e investigación.

Abordarase a teoría e práctica da IA na educación, presentando casos de estudo e exemplos exitosos. As persoas participantes aprenderán a seleccionar e utilizar ferramentas de IA axeitadas e a deseñar solucións personalizadas para as súas áreas de traballo.

Fomentarase a colaboración entre participantes e organizaranse talleres prácticos para experimentar con ferramentas de IA. O curso proporcionará unha visión práctica de como integrar a intelixencia artificial xerativa e chatbots no traballo académico cotián.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2023.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 17/04/2023 12:00 - 31/05/2023 23:59
Período de docencia 15/06/2023 - 17/07/2023

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Describir os principais chatbots abertos en internet.
  • Empregar aplicacións derivadas dos chatbots ou modelos grandes de linguaxe con finalidades docentes.
  • Uso de peticións (prompt engineering) aplicadas ao ámbito docente e investigador.
  • Empregar ferramentas que asistan á investigación na revisión sistemática da literatura e na redacción científica.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase do 15 de xuño ao 17 de xullo.

Programa

1. Presentación das IA xerativas. Os principais chatbots no mercado. OpenAI, Anthropic e outras alternativas.

2. Uso de IA na docencia:
   - Ferramentas de xeración de contidos.
   - Peticións docentes en chatbots.
   - Estratexias e ferramentas para integrar o uso de IA xenerativas na aula.
   - Riscos e limitacións das IA xenerativas. Unha ollada crítica dende a docencia.

3. Uso de IA na investigación:
   - Asistencia na revisión de temas de investigación.
   - Asistencia na visualización de papers e a súa interconexión.
   - Asistencia na revisión sitemática da literatura.
   - Asistencia na redacción académica.
   - Asistencia na corrección estilística académica.
   - Riscos e limitacións das IA xenerativas. Unha ollada crítica dende a investigación.

Impartido en

Impartirase a través de Moovi.

Observacións

IMPORTANTE:

Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 15 días desde a súa finalización.

Profesorado

Luis Xabier Martínez Rolán

Profesor titular da Universidade de Vigo, especializado en comunicación dixital.Imparte materias como Deseño para medios dixitais, Produción publicitaria na web e multimedia, Proxectos interactivos en novos medios: web ou Xestión, edición e publicación de contidos con CMS.

Sistema de avaliación

Para superar o curso é imprescindible superar a parte teórica e a parte práctica formulada.

Parte teórica:  cuestionario final de 10 preguntas, onde cada pregunta teña catro respostas e unha soa sexa a correcta. É preciso obter un 80 % da puntuación total para superar esta parte do curso

Parte práctica:
- Actividade docente: elaborar unha  proposta de integración na aula do uso de chatbots nunha das materias do/a docente. Debe incluír un prompt orixinal (e resultado esperado) e o deseño dunha práctica de aula que inclúa o uso dalgunha das ferramentas vistas ao longo do curso.
- Actividade investigadora: Proposta de integración de algunha/s das ferramentas de IA académicas nunha proposta de investigación ou proxecto levado a cabo polo/a docente.
Para superar a parte práctica é preciso superar cada unha das entregas con, polo menos, do 80 % da nota total.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos