Curso para persoal de xestión e promoción da I+D, transferencia e innovación 2023
Información do curso
Curso para persoal de xestión e promoción da I+D, transferencia e innovación 2023
Entidades organizadoras
Curso financiado con cargo ao proxecto HEI4Future da EIT Urban Mobility dentro da HEI Initiative
Prazas e créditos
Número máximo de participantes | 40 |
---|---|
Créditos ECTS | 1 |
Destinatarios/as
• Persoal de promoción e xestión da investigación, a innovación e a transferencia, e persoal
xestor de centros, agrupacións e grupos de investigación da Universidade de Vigo.
• PAS da Universidade de Vigo interesado na formación nestes eidos.
Obxectivos
- Aumentar a capacitación do persoal de promoción e xestión da I+D+i da Universidade de Vigo.
- Ofrecer unha panorámica xeral dos diferentes aspectos que inflúen na xestión de coñecemento na
universidade.
- Dar a coñecer os recursos, ferramentas e procedementos cos que conta a Universidade de Vigo para
a xestión e a promoción da I+D+i.
- Afianzar a colaboración entre os diferentes servizos, oficinas, centros e grupos de investigación da
Universidade de Vigo no ámbito da xestión e a promoción da investigación, a innovación e a
transferencia.
Calendario
A formación comprende un total de 30 horas:
- 20 horas de formación distribuidas en sesións de 2,5 horas, en horario de 9:00 a 11:30, os
seguintes días: 11, 13, 18, 20, 25, 27 de abril, e 4 e 9 de maio de 2023
- 10 horas de traballo en grupo fóra da aula para elaboración dun proxecto final.
Programa
Módulo 1: A Universidade de Vigo e o Sistema de Innovación
1.1 Os Axentes do Sistema de Innovación e as súas interrelacións
1.2 Indicadores do Sistema de Innovación
1.3 A Universidade de Vigo no Ecosistema de I+D+i
1.4 A organización da I+D+i na Universidade de Vigo
Módulo 2: Os Acordos de colaboración en materia de I+D+i
2.1 Os contratos de I+D+i
2.2 A I+D+i en colaboración con empresas
2.3 Os convenios de I+D+i
2.4 Outros acordos
Módulo 3: Os Proxectos internacionais de I+D+i
3.1 O Programa Marco de I+D da Unión Europea
3.2 Os proxectos de Cooperación Territorial Europea en materia de I+D+i
3.3 Outros programas internacionais de I+D+i
Módulo 4: Protección e promoción do coñecemento
4.1 A Protección dos resultados da investigación
4.2 A Promoción das capacidades e resultados de investigación
Módulo 5: Valorización e explotación da I+D+i
5.1 Procesos de valorización
5.2 A maduración dos resultados da I+D+i: As probas de concepto
5.3 Vías de explotación dos resultados
Módulo 6: Empresas baseadas no coñecemento universitario
6.1 Convertir os resultados da I+D+i en negocios. A creación de spin-off na universidade
6.2 O Emprendemento na Universidade de Vigo: iniciativas e ferramentas ao alcance da
comunidade universitaria
Módulo 7: Creación, desenvolvemento e maduración das ideas de negocio
7.1 Xeración de ideas de negocio
7.2 Modelo Canvas de desenvolvemento de negocios
7.2 A Comunicación da idea de negocio
Módulo 8: Avaliación do aproveitamento da formación
- Demo-day: exposición de proxectos.
Impartido en
Campus de Vigo. Edificio Miralles (Sala 1)
Observacións
Emitirase Diploma de aproveitamento do curso e recoñecemento de 1 crédito ECTS, para o que será
necesaria unha asistencia ao 85% da formación.
Profesorado
Maruxa Álvarez Jiménez
Jose Jato Darriba
María Ángeles López Lozano
Cristina López Macías
Anxo Moreira González
Sistema de avaliación
A avaliación do aproveitamento da formación para a obtención do diploma acreditativo consistirá en:
- Un examen tipo test con varias respostas
- Traballo en grupo: Elaboración e presentación dun proxecto a partir dun suposto práctico
plantexado polo equipo docente, baseado nos contidos do programa.