O IVE NA FISCALIDADE EMPRESARIAL 2008
Información do curso
O IVE NA FISCALIDADE EMPRESARIAL 2008
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | FX060801 | ||||
Nome | O IVE NA FISCALIDADE EMPRESARIAL 2008 |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Descrición | O obxectivo do curso é que o alumno aprenda as características básicas do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) mediante unha análise pormenorizada dos diferentes elementos que regulan o citado imposto. Os coñecementos prácticos representan aproximadamente o 50% do curso, comprendendo a aplicación do proceso liquidatorio do imposto nas diferentes operacións e casuísticas analizadas no curso mediante a discusión e resolución de casos. | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 812505 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
DEPARTAMENTO ECONOMIA APLICADAInformación sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 23/04/2008 00:00 - 23/06/2008 00:00 |
---|---|
Período de matrícula | 23/04/2008 00:00 - 23/06/2008 00:00 |
Período de docencia | 24/06/2008 - 04/07/2008 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 30 |
---|---|
Número máximo de participantes | 90 |
Créditos teóricos | 1.6 |
Créditos prácticos | 1.4 |
Destinatarios/as
- Alumnos/as da Universidade de Vigo- Titulados universitarios de 1º e 2º ciclo
- Profesionais relacionados coa fiscalidade sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios.
Condicións de acceso
1. Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo.2. Alumnos/as da Universidade.
3. Profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios.
4. De xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.
Criterios de selección
Priorizada en base ós dous seguintes criterios :1º. Alumnos/as de Titulacións de Economía e Empresa da Universidade de Vigo. Na orde de preferencia teranse en conta aqueles alumnos con coñecementos previos de fiscalidade, escomenzando por aqueles matriculados nos últimos cursos.
2º. Orde de preinscripción.
Calendario
- Martes 24 de Xuño de 16h a 20:30h- Mércores 25 de Xuño de 16h a 20:30h
- Xoves 26 de Xuño de 16h a 20:30h
- Luns 30 de Xuño de 16h a 20:30h
- Martes 1 de Xullo de 16h a 19h
- Mércores 2 de Xullo de 16h a 19h
- Xoves 3 de Xullo de 16h a 19h
- Venres 4 de Xullo de 16h a 19h
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:Introducción ó imposto sobre o valor engadido: Natureza e ámbito de aplicación
Introducción ás características básicas e consideracións xerais do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). Armonización fiscal na Unión Europea.
Operacións Interiores (I). Feito Impoñible, Exencións, Lugar de Realización, Suxeito Pasivo, Devengo
Análise dos elementos sustantivos relativos á suxeción ó imposto. Desenrolo dunha das principais parcelas das operacións sometidas: as entregas de bens ou a prestación de servicios por empresarios ou profesionais. Análise en cada caso do feito impoñible, posibles operacións non suxeitas e lugar onde se entenden realizadas.
Operacións Interiores (II). Feito Impoñible, Exencións, Lugar de Realización, Suxeito Pasivo, Devengo
Desenrolo adicional de operacións sometidas referidas a entregas de bens ou a prestación de servicios por empresarios ou profesionais. Análise en cada caso do feito impoñible, as posibles operacións non suxeitas e o lugar onde se entenden realizadas.
Tráfico Internacional (I). Operacións Intracomunitarias. Importacións. Exportacións
Desenrolo doutra das principais parcelas de operacións sometidas: as adquisicións intracomunitarias e as importacións e exportacións. Análise en cada caso do feito impoñible, as posibles operacións non suxeitas e o lugar onde se entenden realizadas.
Tráfico Internacional (II). Operacións Intracomunitarias. Importacións. Exportacións
Desenrolo adicional do tratamento fiscal das adquisicións intracomunitarias, importacións e exportacións. Análise en cada caso do feito impoñible, as posibles operacións non suxeitas e o lugar onde se entenden realizadas.
Base Impoñible e Tipos Impositivos
Cuantificación do feito impoñible. Aclaracións sobre compoñentes a incluir. Regras especiais para valoración de determinados bens e servicios (contraprestación en especie, autoconsumo, etc.). Análise dos Tipos Impositivos segundo operacións.
Deduccións e Devolucións
Análise da neutralidade na aplicación do IVE. Dterminación da Prorrata e as suas modalidades. Requisitos e prazos para as Declaracións-Liquidacións. Condicións para a Devolución do IVE.
Rexímenes Especiais, Simplificado e Recargo de Equivalencia
Descripción dos Rexímenes Especiais do IVE. Sectores acollidos a cada réxime. Simplificación na xestión do IVE.
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Operacións Interiores. Estudio de casos
Aplicación do proceso Liquidatorio do imposto nas Operacións Interiores mediante a discusión e resolución de casos prácticos.
Tráfico Internacional. Estudio de casos
Aplicación do proceso Liquidatorio do imposto nas Operacións Internacionais mediante a discusión e resolución de casos prácticos.
Base Impoñible e Tipos Impositivos. Estudio de casos
Aplicación do proceso Liquidatorio global e obtención de cuotas mediante a discusión e resolución de casos prácticos.
Rexímenes Especiais, Simplificado e Recargo de Equivalencia. Estudio de casos
Discusión e resolución de casos prácticos aplicados a actividades acollidas ós Réximenes Especiais, así como a simplificación na xestión do IVE.
Modo de pagamento
Mediante ingreso ou transferencia bancaria.Entidade bancaria: CAIXANOVA
Conta para o ingreso: 2080 0000 74 0040225994
Código do curso no banco: FX060801
Cantidade a abonar: 57 euros
Observacións
Pasos para matricularse no curso:1. Darse de alta como usuario na Área de Posgrao Virtual (se xa é usuario non é preciso rexistrarse de novo). ( https://bubela.uvigo.es )
2.Facer a preinscrición online.
3.Unha vez aceptada a preinscrición, pagar as taxas en Caixanova.
4.Facer chegar ao director do curso a documentación requirida (ver abaixo).
5.A matrícula confírmase a través dunha mensaxe de correo electrónico.
Documentación requirida:
-Fotocopia do DNI.
-Xustificante de ingreso bancario.
O enderezo postal para enviar a documentación é:
Miguel Rodriguez Méndez
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
36310 Vigo