Introdución da sustentabilidade na docencia universitaria
Información do curso
Introdución da sustentabilidade na docencia universitaria
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPSUS22 | ||||
Nome | Introdución da sustentabilidade na docencia universitaria |
|
|||
Modalidade | Mixta (Presencial e virtual) | ||||
Horas | 25 | ||||
Descrición | A Universidade de Vigo é unha institución responsable socialmente e como tal debe servir de axente activo para cumprir cos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030 aprobada polas Nacións Unidas. Por esta razón o Plan Estratéxico 21-26 da Universidade organízase arredor dos 17 ODS. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.
Entidades organizadoras
Área de Equidade e Diversidade (Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade) da Universidade de Vigo.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 04/10/2022 12:00 - 28/10/2022 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 04/11/2022 - 25/11/2022 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico e que teñan solicitado proxectos de cooperación con anterioridade.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
- Evidenciar a necesidade de traballar pola sustentabilidade a través da Educación para o Desenvolvemento Sustentable e a Educación para a Cidadanía Global.
- Analizar a Axenda 2030 e as súas implicacións na educación e na docencia universitaria.
- Desenvolver unha proposta de inclusión da sustentabilidade nunha materia que se estea impartindo.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
O curso desenvolverase ao longo do mes de novembro.
Iniciarase o día 1 coa apertura da aula en MOOVI e un foro de presentación e finalizará o día 30, sendo esta a data límite para que cada participante suba a tarefa final.
Desenvolveranse 4 sesións de presenciais de 3 horas cada unha entre as 10:00 e as 13:00 horas.
Venres 4 de novembro. Lugar de celebración: Aula IV do edificio Miralles
Benvida e presentación do curso e das actividades da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD) para o bienio 22-23
Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade
Marco xeral
Problemática socioambiental global e estratexias cara a sustentabilidade. Achegas dende a docencia universitaria.
Silvana Longueira Matos
Venres 11 de novembro. Lugar de celebración: Aula I do edificio Miralles
A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible na docencia universitaria.
Emma Juaneda
Venres 18 de novembro. Lugar de celebración: Aula I do Edificio Miralles
Como integrar a sustentabilidade nunha materia.
Silvana Longueira
Venres 25 de novembro. Lugar de celebración: Aula I do Edificio Miralles
Na procura de confluencias, ferramentas e redes
Iratxe Amiano
Programa
- A problemática: unha crise socio ambiental.
- O Desenvolvemento Sustentable. Enfoques e achegas.
- Unha estratexia global cara ao desenvolvemento A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible e os ODS.
- A Universidade e o seu papel no camiño cara a sustentabilidade.
- A Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento.
- A Educación para o Desenvolvemento Sustentable e a Cidadanía Global.
- Integración da sustentabilidade na docencia A sustentabilidade na aula.
- Recursos dispoñibles:
- Na estrutura.
- Materiais e outros.
- Boas prácticas.
Observacións
IMPORTANTE:
Lembre que segundo as directrices aprobadas pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.” Pode consultalas na seguinte ligazón.
Profesorado
O equipo docente pertence ao Grupo de Traballo de Sostibilización Curricular da Comisión Sectorial de Crue-Sostibilidade.
Iratxe Amiano Bonatxea
É profesora titular do Departamento de Economía Financeira I da Euskal Herriko Unibertsitatea (UPV/EHU) desde 1994 e está adscrita ao Instituto Hegoa desde 2010. Imparte docencia na área de Contabilidade Financeira, con especial interese no eido da Contabilidade do Sector Público e as Entidades sen Finalidade Lucrativa.
É experta na información financeira das entidades non lucrativas e desenvolveu diferentes cursos e seminarios en posgraos relacionados coa Cooperación ao Desenvolvemento.
Cabe salientar que foi directora de Responsabilidade Social da UPV/EHU desde o 2009 ata 2017.
Emma Juaneda Ayenda
É doutora pola Universidad de La Rioja coa tese Retos de las organizaciones del tercer sector en el modelo de bienestar: implantación de sistemas de gestión de calidad total y compromiso organizativo.
Silvana Longueira Matos
É profesora da área de Teoría e Historia da Educación da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e membro do Grupo de Investigación Terceira Xeración.
As súas liñas de investigación céntranse nas artes e educación, a xeración de ámbitos de educación e educación para o desenvolvemento sostible. Coordinou o Plan de Desenvolvemento Sostible da USC, é membro do Grupo de Traballo de Educación para el Desenvolvemento do Consejo de Cooperación al Desarrollo del Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea y Cooperación en representación da CRUE, do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento de la Xunta de Galicia como experta, e vogal do Observatorio de la Cooperación Universitaria al Desarrollo (OCUD).
Sistema de avaliación
-
Asistencia ao 80 % das sesións presenciais e a realización dos traballos requiridos.