Preparación do exame do Celga 1

Información do curso

Preparación do exame do Celga 1


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPCEL211
Nome Preparación do exame do Celga 1
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual (síncrona e asíncrona)
Horas 75
Descrición

Este curso ten como finalidade a preparación do exame do Celga 1 que é convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. A superación do curso non supón a obtención do Celga 1.
Celga é un sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo de referencias para as linguas. Está configurado mediante cinco niveis de coñecemento do idioma, recolle as habilidades que reflicten a competencia comunicativa nas distintas destrezas.
Os Celga permiten certificar o coñecemento que unha persoa ten do galego para os efectos de xustificar méritos ou requisitos laborais e académicos.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.

O curso Celga 1 en liña está deseñado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. En parte é unha adaptación telemática do manual AULA 1 da empresa Difusión, Centro de Investigación y Publicaciones de Idiomas, SL. Como autores/as do manual Aula de Galego 1 figuran Margarita Chamorro, Ivonete da Silva e Xaquín Núñez.

O curso ten unha parte síncrona e outra asíncrona.
É asíncrono porque as actividades que se propoñen non teñen unha data concreta de entrega.
É síncrono porque é necesario asistir por campus remoto á:
Sesión de presentación. O día 3 de outubro de 10 a 11 horas.
Sesións de titorías. Son 9 sesións con diferentes opcións horarias ás que é necesario asistir a 5 delas.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 15/09/2022 12:00 - 28/09/2022 23:59
Período de docencia 03/10/2022 - 16/12/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 150

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

Será capaz de comprender frases e expresións de uso frecuente, relacionadas con áreas que lle son especialmente relevantes (información elemental sobre si mesmo e a súa familia, compras, lugares de interese, ocupacións etc.).
Relatar, describir, expoñer e demandar, en termos sinxelos, aspectos relacionados coa súa experiencia persoal, co seu contorno ou con interaccións sociais básicas.Comunicarse para levar a cabo tarefas cotiás que non requiran máis ca intercambios simples e directos de información sobre cuestións que lle son coñecidas ou habituais e en situacións de comunicación previsibles etc.
É dicir, mostrará unhas capacidades comunicativas elementais pero suficientes para desenvolverse en contextos próximos e familiares, materializadas nun repertorio lingüístico aínda esquemático e vehiculadas especialmente a través da oralidade.

Os referidos ao celga 1 da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga).

Niveis de competencia en lingua galega.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

Parte asíncrona: desenvolverase do 3 de outubro ao 16 de decembro.

Parte síncrona:

Sesión de presentación a través do Campus remoto: 3 de outubro de 10 a 11 horas.

As sesións de titorías (9 horas):
Opción 1: outubro (4, 11, 18, 25), novembro (8, 15, 22, 29) e decembro (13). De 9 a 10 horas.
Opción 2: outubro (4, 11, 18, 25), novembro (8, 15, 22, 29) e decembro (13). De 16 a 17 horas.

Programa

Pode consultar o programa premendo aquí.

Impartido en

A través de Moovi e o Campus remoto.

Observacións

IMPORTANTE:

Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Profesorado

Secretaría Xeral de Política Lingüística

Elaboración do curso.

Titor/a:

Pendente de confirmación.

Sistema de avaliación

Será necesario superar o 75% das actividades do curso e asistir a 5 das titorías.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos