Preparación do exame do Celga 2
Información do curso
Preparación do exame do Celga 2
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPCEL212 | ||||
Nome | Preparación do exame do Celga 2 |
|
|||
Modalidade | Virtual (síncrona e asíncrona) | ||||
Horas | 75 | ||||
Descrición | Este curso ten como finalidade a preparación do exame do Celga 2 que é convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. A superación do curso non supón a obtención do Celga 2. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.
O curso Celga 2 en liña está deseñado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. En parte é unha adaptación telemática do manual AULA 2 da empresa Difusión, Centro de Investigación y Publicaciones de Idiomas, SL. Como autores/as do manual Aula de Galego 2 figuran Margarita Chamorro, Ivonete da Silva e Xaquín Núñez.
O curso ten unha parte síncrona e outra asíncrona.
É asíncrono porque as actividades que se propoñen non teñen unha data concreta de entrega.
É síncrono porque é necesario asistir por campus remoto á:
Sesión de presentación. O día 3 de outubro de 12 a 13 horas.
Sesións de titorías. Son 10 sesións con diferentes opcións horarias ás que é necesario asistir ao 50% delas.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 15/09/2022 12:00 - 28/09/2022 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 03/10/2022 - 16/12/2022 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 150 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
Comprender sen dificultade mensaxes orais e escritas referidas a ese tipo de contexto.
Ser quen de producir textos breves, tanto oralmente coma por escrito, para describir, relatar, preguntar ou responder sobre cuestións que se refiran a eses ámbitos.
Amosar un dominio básico da lingua na súa realización estándar.
Manifestar a utilización correcta das estruturas morfosintácticas básicas da lingua e do vocabulario asociado cos temas propios deses contextos comunicativos: as relacións interpersoais, as institucións, a climatoloxía, o contorno físico etc.
Os referidos ao celga 2 da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga).
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
Parte asíncrona: desenvolverase do 3 de outubro ao 14 de decembro.
Parte síncrona:
Sesión de presentación a través do Campus remoto: 3 de outubro de 12 a 13 horas.
As sesións de titorías (10 horas):
Opción 1: outubro (4, 11, 19, 26), novembro (2, 9, 16, 23, 30) e decembro (14). De 9 a 10 horas.
Opción 2: outubro (4, 11, 19, 26), novembro (2, 9, 16, 23, 30) e decembro (14). De 12 a 13 horas.
Opción 3: outubro (4, 11, 19, 26), novembro (2, 9, 16, 23, 30) e decembro (14). De 16 a 17 horas.
Opción 4: outubro (4, 11, 19, 26), novembro (2, 9, 16, 23, 30) e decembro (14). De 19 a 20 horas.
Programa
Pode consultar o programa premendo aquí.
Impartido en
A través de Moovi e o Campus remoto.
Observacións
IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”
Pode consultar máis información na seguinte ligazón.
Profesorado
Secretaría Xeral de Política Lingüística
Elaboración do curso.
Titor/a:
Pendente de confirmación.
Sistema de avaliación
Será necesario superar o 75% das actividades do curso e asistir ao 50% das titorías.