Preparación do exame do Celga 4

Información do curso

Preparación do exame do Celga 4


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPCEL214
Nome Preparación do exame do Celga 4
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 75
Descrición

Este curso ten como finalidade a preparación do exame do Celga 4 que é convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. A superación do curso non supón a obtención do Celga 4.
Celga é un sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo de referencias para as linguas. Está configurado mediante cinco niveis de coñecemento do idioma, recolle as habilidades que reflicten a competencia comunicativa nas distintas destrezas.
Os Celga permiten certificar o coñecemento que unha persoa ten do galego para os efectos de xustificar méritos ou requisitos laborais e académicos.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.

O curso Celga 4 en liña está deseñado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. En parte é unha adaptación telemática do manual Aula de Galego 4, o cal está baseado no manual AULA 4 da empresa Difusión, Centro de Investigación y Publicaciones de Idiomas, SL. Como autores/as do manual Aula de Galego 4 figuran Margarita Chamorro, Ivonete da Silva e Xaquín Núñez.

O curso ten unha parte síncrona e outra asíncrona.
É asíncrono porque as actividades que se propoñen non teñen unha data concreta de entrega.
É síncrono porque é necesario asistir por campus remoto á:
Sesión de presentación. O día 3 de outubro de 17 a 18 horas.
Sesións de titorías. Son 10 sesións con diferentes opcións horarias ás que é necesario asistir ao 50% delas.

Entidades organizadoras

O curso foi deseñado e o material foi cedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 19/09/2022 12:00 - 28/09/2022 23:59
Período de docencia 03/10/2022 - 16/12/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 150

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

Expresarse de forma bastante fluída e espontánea en distintos contextos comunicativos (persoal, público e académico), sen mostrar moita dificultade para encontrar as expresións máis axeitadas.
Será capaz de producir textos ben estruturados e sobre temas de certa complexidade e para distintos fins.
Mostrar un uso correcto da norma ortográfica e morfosintáctica, así como dos mecanismos máis comúns de organización e cohesión textual.

Os referidos ao celga 4 da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga).

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

Parte asíncrona: desenvolverase do 3 de outubro ao 16 de decembro.

Parte síncrona:
Sesión de presentación a través do Campus remoto: 3 de outubro de 17 a 18 horas.

As sesións de titorías (10 horas):
Opción 1: outubro (7, 14, 21, 28), novembro (4, 11, 18, 25) e decembro (2, 9). De 9 a 10 horas.
Opción 2: outubro (7, 14, 21, 28), novembro (4, 11, 18, 25) e decembro (2, 9). De 12 a 13 horas.
Opción 3: outubro (7, 14, 21, 28), novembro (4, 11, 18, 25) e decembro (2, 9. De 16 a 17 horas.
Opción 4: outubro (7, 14, 21, 28), novembro (4, 11, 18, 25) e decembro (2, 9). De 19 a 20 horas.

Programa

Podes visitar o programa aquí.

Impartido en

A través de Moovi e o Campus remoto.

Observacións

IMPORTANTE:

Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Profesorado

Secretaría Xeral de Política Lingüística

Elaboración do curso.

Titor/a:

Pendente de confirmación.

Sistema de avaliación

Será necesario superar o 75% das actividades do curso e asistir ao 50% das titorías.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos