Corrección da escrita coas TIC

Información do curso

Corrección da escrita coas TIC


Tipo Curso de idiomas
Código ANL49.110722
Nome Corrección da escrita coas TIC
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 30
Descrición

Curso destinado a persoas interesadas en coñecer as utilidades das TIC para a lingua galega.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 813 574
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 05/09/2022 09:00 - 23/09/2022 14:00
Período de docencia 25/10/2022 - 25/11/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 30
Créditos ECTS 1

Destinatarios/as

Membros da comunidade universitaria

Obxectivos

1. Coñecer diferentes ferramentas de corrección e de tradución, optimizar o seu uso e achegarnos
a outros recursos que nos axudan a empregar unha lingua de calidade de maneira sinxela.
2. Achegar a realidade das linguas no contexto dixital e de comunicación global e coñecer as
principais ferramentas de corrección dispoñibles para o galego.
3. Aprender a manexar ferramentas básicas para corrixir, traducir e consultar dúbidas
lingüísticas que nos ofrecen as novas tecnoloxías.

Criterios de selección

Por rigorosa orde de inscrición

 

Calendario

É un curso virtual asíncrono.

Programa

1. Utilidades das TIC para as linguas (5 horas)

2. Lingua galega: actualidade e ferramentas TIC (5 horas)

3. O uso dos correctores de texto (5 horas)

4. Tradutores para o galego (5 horas)

5. Dicionarios e vocabularios de galego na rede (5 horas)

6. A autoaprendizaxe do galego na rede (5 horas)

Modo de pagamento

De balde

Impartido en

É un curso virtual asíncrono.

Observacións

O curso estará recoñecido con 1 crédito ECTS. O alumnado terá que validalo na secretaría da súa facultade.

Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.

Deberase acceder ao curso obrigatoriamente nos tres primeiros días.

Titulación

Todas as titulacións

Profesorado

Tagen Ata

Sistema de avaliación

Para acadar o diploma, requírese realizar o 100 % das actividades e superar o 80 % delas, ademais da correspondente proba final.

Data da proba final en liña: 1 de decembro, de 17.00 a 17.45 h

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos