Office 365 básico. Outro xeito de traballar. CAMPUS DE VIGO

Información do curso

Office 365 básico. Outro xeito de traballar. CAMPUS DE VIGO


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP36522
Nome Office 365 básico. Outro xeito de traballar. CAMPUS DE VIGO
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 10
Descrición

Este curso é eminentemente práctico e busca describir as diferentes aplicacións de Office 365 de Microsoft. A súa finalidade é dar solucións máis eficientes a tarefas do día a día e obter unha maior produtividade cun menor esforzo.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.

Entidades organizadoras

O curso está coorganizado pola Área de Innovación Administrativa (Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade) e a Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 11/03/2022 12:00 - 06/04/2022 23:59
Período de docencia 18/04/2022 - 28/04/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Obxectivos

  • Describir as diferentes aplicacións de Office 365.
  • Valorar as posibilidades das aplicacións de Office 365.
  • Empregar as aplicacións de Office 365.

Profesorado

José Manuel Portela Jelusich

É técnico de informática na Universidade de Vigo. Diplomouse en Ciencias Empresariais, especialidade Informática de Xestión.

Posúe unha ampla formación en Tecnoloxías da Información e Comunicación.

Ten impartido docencia relacionada coas competencias ofimáticas na Universidade de Vigo, Centros de formación ocupacionais e outras entidades.

 

Manuel Pérez Cota

É catedrático da Universidade de Vigo e pertence ao departamento de Informática.

Dirixe o Grupo de Investigación Internacional SI1-GEAC e actualmente é Director de Innovación Administrativa da Universidade de Vigo (Vicerreitoría de Planificación e Sostenibilidade) e  vicepresidente de IEEE-CS sección España.

Colabora en diferentes programas de mestrado e doutoramento en Alemaña, Arxentina, México e Portugal e forma parte de diferentes proxectos nacionais e internacionais e é membro de diferentes comités e asociacións internacionais (ACM, IEEE, AIPO, ANALCT).
Os seus principais obxectivos en docencia son a docencia de calidade e o desenvolvemento profesional e humano do estudantado.

As súas áreas de investigación están relacionadas coa informática industrial, o desenvolvemento de interfaces-máquina complexas, sistemas de ensino asistido por computador e sistemas de información

Programa

  1. Onedrive:
    -Introdución a Onedrive.
    -Compartindo.
    -Sincronización de cartafoles/arquivos.
    -Utilizando varias contas.
    -Control de versións. Recuperación.
    -Posibilidade de utilizar automaticamente un mesmo escritorio, documentos e imaxes en diferentes equipos.
    -Aplicación móbil.
  1. Teams:
    -Introdución a Teams.
    -Equipos ou grupos de traballo e canles.
    -Teams como hub concentrador de aplicacións para ti e o teu equipo.
    -Comunicación:
    -Xestión de documentos.

  2. Onenote:
    -Introdución a Onenote.
    -Como organizarse en Onenote.
    -Compartir.
    -Seguridade.

  3. To-Do:
    -Introdución a To-Do.
    -Xestión de listaxes.
    -Correo electrónico marcado.
    -Tarefas.
    -Soporte multiconta.
    -Aplicación móbil.

  4. Planner:
    -Introdución a Planner.
    -Plans, depósitos e tarefas.
    -Agrupación de tarefas por depósitos.
    -Asignación e seguimento de tarefas.
    -Integración en Teams.
    -Aplicación móbil.

Calendario

O curso desenvolverase os días 18, 21, 25 e 28 de abril de 16.30 a 19.00 horas.

Impartido en

Campus de Vigo. Sala 4 del edificio Miralles.

Sistema de avaliación

  • Asistencia ao 80 % do curso.
  • Superación dos exercicios, cuestionarios e  elaboración dun proxecto práctico.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos