Técnicas de desenvolvemento intelectual
Información do curso
Técnicas de desenvolvemento intelectual
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPTEC22 | ||||
Nome | Técnicas de desenvolvemento intelectual |
|
|||
Modalidade | Virtual síncrona | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | Un dos problemas máis importantes aos que se enfronta o profesorado universitario consiste en promover o desenvolvemento das súas capacidades intelectuais e emocionais. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.
Entidades organizadoras
Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 21/01/2022 12:00 - 27/02/2022 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 14/03/2022 - 23/03/2022 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 25 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
- Utilizar técnicas concretas que contribúan a mellorar a aprendizaxe do profesorado e desenvolvemento intelectual do alumnado.
- Potenciar as aptitudes mentais para aumentar a capacidade de razoamento e resolución de problemas na docencia.
- Utilizar técnicas eficaces para aumentar a fluidez do pensamento aplicado a campos concretos de coñecemento intelectual.
- Aplicar os coñecementos psicolóxicos actuais para facilitar o traballo intelectual, a potenciación da memoria e a xestión adecuada das nosas emocións.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
O curso desenvolverase en modalidade virtual síncrona os días 14, 16, 21 e 23 de marzo de 16 a 19 horas.
Programa
- Técnicas de aprendizaxe e desenvolvemento intelectual:
- Métodos de aprendizaxe e desenvolvemento intelectual.
- Concentración mental e capacidade de observación intelectual.
- Optimización da memoria a curto, medio e longo prazo.
- Asimilación intelectual e aprendizaxe de novos conceptos.
- Novas técnicas de aprendizaxe mental e aplicacións intelectuais.
- Taxonomía de Bloom e niveis de desenvolvemento mental na docencia. - Técnicas de desenvolvemento persoal:
- Motivación e actitude no estudo e reciclaxe profesional.
- Desenvolvemento duns bos hábitos de traballo proactivo.
- Control de emocións bloqueantes e intelixencia emocional.
- Profesionalidade e consciencia das novas aprendizaxes.
- Traballo intelectual cos compañeiros/as e traballo en equipo.
- Curiosidade e desenvolvemento da capacidade de atención e observación.
3. Métodos de optimización e xestión do tempo profesional:
- Planificación de actividades a curto, medio e longo prazo.
- Establecemento das prioridades e importancia das tarefas.
- Distribución do tempo dispoñible e descansos mentais.
- Optimización dos esforzos intelectuais para conseguir unha importante brillantez mental sen queimarse.
- Niveis óptimos de activación mental en cada traballo e momento. - Psicoloxía do traballo intelectual:
- Novos estudos sobre a plasticidade e adaptación do noso cerebro.
- A atención selectiva e a focalización mental.
- Fluír para conseguir un rendemento mental óptimo.
- Método de ancoraxe mental, primacía e recencia na aprendizaxe.
- Emocións e regresión estatística segundo Daniel Kahneman.
- A aprendizaxe socioemocional e desenvolvemento persoal.
Impartido en
A parte virtual síncrona desenvolverase no Campus remoto.
Profesorado
Ramiro Canal Martínez
Estudou Psicoloxía, Psicoloxía educativa e Psicoloxía empresarial pola UNED. É Experto en Planificación Estratéxica pola Universidade Complutense de Madrid, Experto en Xestión do Cambio Empresarial pola Harvard University e Dirección e Xestión de Centros Docentes pola Universidade de Zaragoza.
Ten experiencia en impartición de formación a profesorado universitario sobre competencias transversais.
Sistema de avaliación
- Asistencia e participación no curso.
- Superación dun cuestionario final composto por dez preguntas onde so unha é verdadeira. Haberá tres intentos para superar a proba e o aprobado será a partir do sete.