"Como elaborar un TFG/TFM en perspectiva da Axenda 2030 e Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento"
Información do curso
"Como elaborar un TFG/TFM en perspectiva da Axenda 2030 e Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento"
Tipo | Actividades de Voluntariado e Cooperación | ||||
Código | RGCUD_202203 | ||||
Nome | "Como elaborar un TFG/TFM en perspectiva da Axenda 2030 e Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento" |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 30 | ||||
Descrición | Queres aprender a elaborar o TFG e TFM?. Queres que o teu traballo contribúa a protexer o Planeta, a rematar coas desigualdades e acadar o desenvolvemento sostible das nosas sociedades? Aquí tes o teu curso... Este curso vai dirixido ao alumnado de Máster e Grao, preferentemente de terceiro e cuarto curso, que desexe coñecer as chaves do deseño e elaboración dun TFG e TFM baixo a temática dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030. O curso de modalidade non presencial consta de 30 horas (1 ECTS) e será impartido a través da plataforma de teledocencia MOOVI. Está organizado en 4 módulos a onde se accederán os materiais de lectura, a vídeos, a pílulas explicativas e ás distintas actividades. O alumnado disporá de titorías individualizadas a través de videoconferencia e foro de dúbidas. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986130261 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Este curso está organizado pola Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade, no marco do programa de actividades incluidas no convenio 22-23 da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento financiado pola Xunta de Galicia.
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 16/09/2022 15:00 - 28/10/2022 23:59 |
---|
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Créditos teóricos | 1 |
Créditos ECTS | 1 |
Destinatarios/as
Alumnado da Universidade de Vigo de titulacións oficiais
Obxectivos
- Dar a coñecer os obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030 incidindo na cooperación ao desenvolvemento.
- Sensibilizar ao alumando sobre a pertinencia de investigar e buscar solucións nos seus TFG ou TFM aos problemas e retos vencellados á cooperación e ao desenvolvemento sostible.
- Saber aplicar o proceso de deseño, posta en marcha e defensa dun traballo de investigación.
Condicións de acceso
Estar matriculado na Universidade de Vigo en Máster ou Grao
Criterios de selección
Por rigorosa orde de inscrición
Calendario
-Acceso á plataforma de teledocencia (MOOVI). 1 de novembro
-Lectura de textos, visionado de pílulas e vídeos, realización de actividades e titorías (videoconferencia e foros)
- Módulo 1: Primeira semana de novembro
- Módulo 2: Segunda semana de novembro
- Módulo 3: Tercera semana de novembro
- Módulo 4: Cuarta semana de novembro
Programa
BLOQUE 1. AXENDA 2030, ODS E COOPERACIÓN UNIVERSITARIA AO
DESENVOLVEMENTO : QUE PODES FACER TI?
1. Que son a Axenda 2030 e os ODS?
2. Axenda 2030 e universidades
3. Axenda 2030 e investigación
4. CUD: que é e por que é importante?
4.1. Concepto e documentos marco. Accións de cooperación.
4.2. A universidade española na CUD
BLOQUE 2. ELABORACIÓN DE TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN1. Modalidades de TFG e TFM
2. O plan de investigación
3. A procura e tratamento da información
4. A fase de redacción
BLOQUE 3. CITACIÓN E REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
1. Por que citar? Tipos de citas bibliográficas
2. Como citar? Normas de citación bibliográfica
3. A elaboración da listaxe de referencias
4. A ética científica e o plaxio
BLOQUE 4. A DEFENSA ORAL
- Estratexias prácticas para abordar con éxito unha exposición oral.
- Erros comúns e como evitalos
Impartido en
O curso será impartido a través MOOVI onde o alumnado terá acceso a todo o material.
Observacións
Este curso está organizado pola Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade, e finaciado polo convenio da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento financiado pola Xunta de Galicia.
Profesorado
Laura Novelle (https://docendodiscitur.blog)
Sistema de avaliación
O alumnado será avaliado a través dunha serie de actividades vinculadas a cada módulo.
O alumnado deberá realizar a través de MOOVI unha actividade para os bloques 1, 3 e 4, e catro actividades para o bloque 2. A explicación das mesmas atoparase ao final dos textos e vídeos explicativos de cada bloque. A formadora fará un seguimento exhaustivo da súa elaboración, resolverá dúbidas e entregará un feedback sobre o resultado a cada estudante. O curso será superado cando as/aos alumnas/os teñan un acceso regular ao espazo do curso na plataforma e entreguen alomenos 5 actividades das 7.
Por último, cada luns do mes que dure o curso, a formadora enviará aos estudantes unha mensaxe a través do foro de novas indicándolles o traballo semanal, os obxectivos formativos e as actividades a realizar. Ademais, durante a primeira semana do curso, reforzarase o seguimento ás/aos estudantes mediante correos electrónicos ou chamadas telefónicas para evitar que abandonen o curso.