Igualdade entre mulleres e homes nas relacións laborais
Información do curso
Igualdade entre mulleres e homes nas relacións laborais
Tipo | Diplomado de curso de Formación Universitaria | ||||
Código | DCFU3082201 | ||||
Nome | Igualdade entre mulleres e homes nas relacións laborais |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 130 216 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
DEPARTAMENTO DE DEREITO PÚBLICO ESPECIALInformación sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 06/12/2021 00:00 - 14/01/2022 00:00 |
---|---|
Período de matrícula | 17/12/2022 00:00 - 14/01/2022 00:00 |
Período de docencia | 19/01/2022 - 08/06/2022 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 30 |
---|---|
Número máximo de participantes | 40 |
Créditos teóricos | 8.2 |
Créditos prácticos | 6.8 |
Créditos ECTS | 15 |
Destinatarios/as
Persoas que posúan un título universitario de grao ou licenciatura, preferentemente, en Dereito, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Ciencias do Traballo, Ciencias Económicas e Empresariais, Administración e Dirección de Empresas, Economía ou Ciencias Políticas. Tamén as persoas diplomadas en Relacións Laborais ou Graduado Social. Os estudantes universitarios tamén poderán inscribirse.Igualmente, poderán acceder ao curso as persoas con responsabilidades en recursos humanos, xefaturas de relacións laborais, asesorías e cadros das organizacións empresariais e sindicais, teñan ou non titulación universitaria, sempre e cando na súa actividade profesional concorra unha especial vinculación coa especialidade do curso.
Obxectivos
Ofrecer unha formación especializada en perspectiva de xénero que proporcione aos seus destinatarios as ferramentas necesarias para poder implantar planes e medidas de igualdade tanto na empresa privada como no ámbito público, así como facer efectivo o dereito á igualdade de trato e á non discriminación entre traballadoras e traballadores en materia retributiva. A tenor do vixente marco normativo, en particular, coa aprobación dos RD 901/2020 e 902/2020, de 13 de outubro, a formación para a negociación, avaliación e revisión dos planes de igualdade e a efectividade do principio de igualdade de trato na retribución conforman, na actualidade, unhas materias con unha alta empregabilidade e demanda empresarial. Os contidos do presente curso, estruturados en 7 módulos de carácter teórico e práctico, proporciona uns coñecementos completos e integrais que permiten coñecer o marco normativo necesario para satisfacer a referida demanda.Condicións de acceso
1. Persoas con titulación universitaria de grao ou licenciatura e tamén diplomatura.2. Estudantes universitarios.
3. Profesionais directamente relacionados coa especialidade do curso, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudos universitarios.
4. De xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos estudantes, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade impartida no curso aínda que non reúnan os requisitos legais para poder acceder á universidade.
Criterios de selección
A asignación de prazas realizarase pola dirección do curso por rigoroso orde de preinscripción conforme os seguintes criterios de selección:1.- Profesionais da especialidade do curso con titulación universitaria de grao o licenciatura diplomatura.
2.- Profesionais directamente relacionados coa especialidade do curso, sen titulación universitaria sempre e cando reúnan os requisitos legais para poder cursala.
3.- Profesionais relacionados coa especialidade do curso aínda que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.
4.- Persoas con titulación universitaria de grado, licenciatura e diplomatura que non sexan profesionais.
O cupo de profesionais -con titulación universitaria ou non- poderá chegar ata o 60 por 100 do total das prazas ofertadas e o dos non profesionais ata o 40 por 100. O número de prazas sobrantes de algún dos cupos acrecerá ao outro.
Calendario
Calendario: do 19 de xaneiro de 2022 (mércores) ao 3 de xuño de 2022 (venres). O acto de clausura do curso terá lugar o xoves 9 de xuño.Horario : mércores e venres de 16:00 h a 20:00 h.
Lugar: Santiago de Compostela na sede que facilitará a Dirección Xeral de Relacións Laborais e que se comunicará no momento oportuno.
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:INTRODUTORIO
A igualdade de oportunidades e a prohibición de discriminación. Conceptos
O marco internacional: o Convenio de NU de 1979. OIT. Consello de Europa. Igualdade e non discriminación no Dereito da UE. A protección constitucional da igualdade.
Normativa estatal en materia de igualdade. Normativa autonómica en materia de igualdade.
Discriminación da muller na industria 4.0: a fenda dixital.
IGUALDADE, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Acceso ao emprego: igualdade e discriminación. Medidas de fomento do emprego das mulleres. Acción positiva, medidas compensadoras e discriminación positiva.
Modalidades contractuais . Especial atención ao traballo a tempo parcial.
Clasificación profesional e promoción interna.
Conciliación e corresponsabilidade.
Perspectiva de xénero na extinción do contrato de traballo.
A igualdade de trato no emprego público. A igualdade na empresa como factor de competitividade. Formación. Comunicación.
PLANS DE IGUALDADE
Igualdade e negociación colectiva.
Diagnose. A regulación legal dos plans de igualdade.
IGUALDADE RETRIBUTIVA
A fenda salarial.
Principio de transparencia retributiva e obriga de igual retribución por traballo de igual valor. Instrumentos de transparencia retributiva. Rexistro retributivo. Auditoría retributiva.
PREVENCIÓN DE RISCOS. ESPECIAL REFERENCIA ÁS CONDUTAS CONSTITUTIVAS DE ACOSO
Prevención de riscos con perspectiva de xénero.
Muller, discapacidade e adaptación de postos de traballo.
O acoso sexual e por razón de sexo no traballo.
Violencia de xénero e traballo.
PROTECCIÓN SOCIAL E IGUALDADE
Protección xeral.
Maternidade e risco durante o embarazo e lactación.
Outras prestacións. Viuvez.
Xubilación.
Igualdade e non discriminación en materia de SS no Dereito da UE.
TUTELA DA IGUALDADE
A tutela administrativa da igualdade.
Mecanismos procesuais laborais de tutela.
A tutela penal da igualdade no traballo.
MÓDULOS PRÁCTICOS:
PLANS DE IGUALDADE
Elaboración dun plan. Distintivos en materia de igualdade.
IGUALDADE RETRIBUTIVA
Rexistro, valoración de postos de traballo e auditoría.
Modo de pagamento
DIRECCIÓN XERAL DE RRLL, CONSELLERÍA DE EMPREGO : 30000MATRICULADOS : 300
Titulación
A superación dos estudos dará dereito a obter o diploma de «Curso de formación universitaria en igualdade entre mulleres e homes nas relacións laborais pola Universidade de Vigo».
Sistema de avaliación
Avaliación: Os contidos teóricos de cada un dos módulos do plano de estudos do Curso serán avaliados en varias probas tipo test que realizarán os estudantes de forma individual e virtual na PLATAFORMA DE TELEDOCENCIA habilitada pola Universidade de Vigo e consonte ás indicacións que se lle achegarán no momento oportuno.