A arte de conectar. Comunicación eficaz e liderado (MODALIDADE PRESENCIAL-CAMPUS DE VIGO)
Información do curso
A arte de conectar. Comunicación eficaz e liderado (MODALIDADE PRESENCIAL-CAMPUS DE VIGO)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPAR21 | ||||
Nome | A arte de conectar. Comunicación eficaz e liderado (MODALIDADE PRESENCIAL-CAMPUS DE VIGO) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | A arte de conectar consiste en comunicar ideas que cambien á audiencia a través da túa historia, paixón e autenticidade. Convírteste nun/ha artista da comunicación canto os teus contidos e a túa forma de transmitilos constitúen un regalo personal co potencial de cambiar a quen o recibe. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2021.
Entidades organizadoras
Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 02/11/2021 12:00 - 25/11/2021 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 30/11/2021 - 16/12/2021 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
- Comprender os principios dunha comunicación coherente.
- Descubrir e analizar as teus valores, fortalezas e recursos persoais.
- Aprender a transformar as ideas en historias significativas.
- Potenciar a capacidade de sintonizar coa audiencia.
- Lograr inspirar aos teus equipos por medio das emocións.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
Desenvolverase os días 30 de novembro, 2, 9, 14 e 16 de decembro de 16 a 20 horas.
Programa
Bloque I. Fundamentos:
- Conecta a un fondo nivel.
- Coñece os teus valores, fortalezas e recursos.
- Xera contido coherente.
Bloque II. Planificación:
- Comprende as necesidades da túa audiencia.
- Elabora a mensaxe que desexas transmitir.
- Inspira o cambio que desexas ver.
Bloque III. Estrutura:
- Selecciona e estrutura as túas ideas.
- Emprega un principio que impacte.
- Pecha cunha fin memorable.
Bloque IV: Exposición:
- Toma espazo.
- Comunica coa túa voz.
- Comunica co teu corpo.
Bloque V. Liderado:
- Xera resonancia.
- Xoga en equipo.
- Lidera o cambio que desexas ver.
Impartido en
Sala I do edificio Miralles.
Profesorado
Alfonso Rivera
Alfonso Rodríguez Fernández, conocido artísticamente como Alfonso Rivera, é actor, director e pedagogo teatral. É doutor con Mención Europea pola Universidade de Santiago de Compostela.
Estudou a Licenciatura de Interpretación na Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid e un mestrado de Dirección e Pedagoxía do Movemento na Royal Central School of Speech and Drama de Londres. É Coach Certificado por NLP Training (Amsterdam) e a AEPNL (Madrid).
Gañou diferentes premios como xerador escénico (Jóvenes Creadores de la Comunidad de Madrid).
Impartiu cursos de interpretación e de expresión corporal en centros de prestixio como University (Reino Unido), Rose Bruford College (Londres) ou Anadolu University (Turquía).
Belén Varela
É avogada especialista en organización e dirección de persoas. A súa traxectoría coma directiva inclúe multinacionais do sector de servizos, alimentación e automoción, en España e Portugal e formou parte dos comités de relacións laborais de ANFACO e CEAGA.
Na actualidade dirixe a súa propia consultoría e é docente Fundación Escuela Universitaria de Relaciones Laborales (ERLAC) da Universidade da Coruña. Tamén imparte cursos en varias escolas de negocios e conferencias sobre a xestión do optimismo, jobcrafting, liderado e fortalezas humanas. Colabora con Onda Cero e outros medios de comunicación.
Sistema de avaliación
Asistencia ao 80% das sesións presenciais.
Superación dos exercicios que encargue o profesorado. Por exemplo, unha presentación en público.