Oratoria e comunicación para docentes (MODALIDADE PRESENCIAL-CAMPUS DE VIGO)
Información do curso
Oratoria e comunicación para docentes (MODALIDADE PRESENCIAL-CAMPUS DE VIGO)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPORVI | ||||
Nome | Oratoria e comunicación para docentes (MODALIDADE PRESENCIAL-CAMPUS DE VIGO) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 24 | ||||
Descrición | A competencia comunicativa é fundamental no desenvolvemento do labor docente. Toda persoa que comunica ben ten que acadar a captación da atención do alumnado e motivalo. Para iso terá que dominar diferentes técnicas relacionadas coa elaboración do contido que se quere transmitir, ter en conta os elementos que entran en xogo na comunicación (código verbal e non verbal) e desenvolver unha actitude empática para que a mensaxe chegue coa máxima eficacia á persoa receptora. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 812 035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2021.
A actividade formativa desenvolverase mediante unha metodoloxía eminentemente práctica onde se asimilarán as técnicas necesarias para unha comunicación eficaz. Realizaranse exercicios de control do medo escénico, do dominio do espacio, improvisación, autocontrol das emocións e do ego previos á posta en práctica das técnicas de comunicación verbal, non verbal e empatía imprescindibles para un labor profesional eficiente.
Entidades organizadoras
Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 04/10/2021 12:00 - 04/11/2021 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 08/11/2021 - 15/12/2021 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
- Descubrir os elementos más importantes da comunicación.
- Elaborar mensaxes con maior poder de motivación.
- Ser quen de valorar a calidade de diferentes comunicacións.
- Perfeccionar a empatía.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
Desenvolverase os días 8, 15, 22, 29 de novembro, 13 e 15 de decembro de 16 a 20 horas.
Programa
Bloque A: A preparación do discurso interno: o control do medo e a xestión das emocions (4 horas):
Como darlle forma e corpo a cada un dos nosos medos a hora de falar traballando para comprender onde xorden as dificultade.
Bloque B: A mensaxe (6 horas):
A preparación da mensaxe. Que debemos dicir.
Bloque C: O comunicador/a (6 horas):
Como expoñer a mensaxe a través do dominio do corpo (mirada e xestos) e do dominio da voz (dicción, vocalización, interpretación, improvisación...).
Bloque D: A empatía (8 horas):
Como lograr que a mensaxe chegue coa máxima eficacia ao receptor/a mediante técnicas de programación neurolingüística (PNL), intelixencia emocional, control das emocións e do ego.
Impartido en
PRESENCIAL. Realizarase na sala 1 do Edificio Miralles do Campus de Vigo.
Profesorado
Daniel Formoso Vérez
Avogado en exercicio con despachos profesionais en Vigo e Lugo. Mestrado en Perfeccionamento en Habilidades Profesionais e da Avogacía polo ISDE (Instituto Superior de Dereito e Economía) de Madrid. Especialista en Oratoria e Comunicación con PNL e Intelixencia Emocional pola Escola Europea de Oratoria. Profesor de cursos de oratoria e comunicación en diversos colexios de avogados/as e universidades, empresarios/as e diferentes profesionais.
Sistema de avaliación
Asistencia ao 80% das sesións presenciais.
Superación dos exercicios que encargue o docente. Por exemplo, unha presentación en público.