ESPECIALISTA EN AUTONOMÍA DE MOZOS E MOZAS NO SISTEMA DE PROTECCIÓN

Información do curso

ESPECIALISTA EN AUTONOMÍA DE MOZOS E MOZAS NO SISTEMA DE PROTECCIÓN


Tipo Especialista
Código E1052102
Nome ESPECIALISTA EN AUTONOMÍA DE MOZOS E MOZAS NO SISTEMA DE PROTECCIÓN
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 360
Información de contacto:  
 · Teléfono 988387101
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

FACULTADE DE EDUCACIÓN E TRABALLO SOCIAL

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 28/06/2021 00:00 - 30/07/2021 23:59
Período de matrícula 09/08/2021 00:00 - 10/09/2021 23:59
Período de docencia 23/09/2021 - 26/05/2022

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 18
Número máximo de participantes 25
Créditos teóricos 15
Créditos prácticos 21

Destinatarios/as

Estudantes de primeiro e segundo ciclo dos graos de educación social, traballo social, pedagoxía e psicoloxía, así como doutras titulacións afíns. Titulados/as universitarios/as nas anteriores titulacións.

Obxectivos

- Facilitar unha formación especializada no ámbito da protección á infancia e á adolescencia.
- Favorecer o deseño profesional de estratexias específicas no apoio á transición á vida adulta da adolescencia vulnerable.
-Coñecer os procesos de acompañamento socioeducativo con adolescencia en protección.

Condicións de acceso

Para acceder ao título de ESPECIALISTA:
1.titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.alumnos/as dunha licenciatura ou equivalente cos tres primeiros cursos superados, e
3.profesionais directamente relacionados coa especialidade do título que reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios e acrediten un mínimo de 3 anos de experiencia profesional.

Criterios de selección

- Nota media de expediente académico.

Calendario

Os módulos teóricos e as titorías realizaranse entre o 23/09/2021 e o 27/01/2022 en sesións a celebrar os xoves e os venres de 16 a 21 horas.
O módulo de prácticas realizarase os mércores, xoves e venres en horario variable a acordar coa institución de prácticas (IGAXES) entre o 28/01/2022 e o 26/05/2022

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
Regulación xurídica do sistema de protección de menores
- Lexislación internacional, estatal e autonómica no ámbito da protección á infancia.
- Conceptos de medidas administrativas de protección.
-A estrutura organizativa do sistema de protección de menores.

Perfil da adolescencia en protección
- A adolescencia en protección.
- A Intervención familiar.
- Construción de redes sociais e de apoio.
- Situación e desafíos do sistema educativo.

Competencias profesionais para a acción socioeducativa con adolescencia
- O autocoñecemento.
- O Traballo en equipo.
- A Comunicación.
- A xestión do conflicto.
Modelo de vivendas e protocolos
- Modelo de vivendas tuteladas e asistidas de Igaxes.
- Xestión de recursos residenciais: orzamento, protección de datos, mantemento do recurso.
- Documentación de impacto: protocolos e informes. Especial mención ao proxecto educativo individualizado e aos informes de seguimento.

Acción socioeducativa e xénero
- O acompañamento socioeducativo dende o enfoque de xénero.
- Ás relacións afectivo sexuais na adolescencia
- Mocidade e nova pornografía

Ocio e adolescencia
-Aproximación teórica ó ocio.
-Xestión do tempo de lecer.
-Novas tecnoloxías e ocio

Vínculo e acompañamento socioeducativo
-Vínculo e estratexia socioeducativa no sistema de protección.
Inserción laboral da mocidade en dificultade social.
-HH.SS. para o emprego-
-Principais retos nos itinerarios de inserción sociolaboral con mocidade.
-O acceso ao emprego da mocidade estranxeira.
-O achegamento á realidade laboral da mocidade con medidas xudiciais.
-A análise do mercado laboral.
- As estratexias de procura de emprego.
-A facilitación de oportunidades laborais.
-A elaboración do Proxecto de Inserción Laboral.

MÓDULOS PRÁCTICOS:
Prácticas en recursos do sistema de protección
-Practicas en vivendas tuteladas, vivendas asistidas ou en oficinas de inserción laboral con mocidade en protección.

Modo de pagamento

O importe da matrícula é de 686  €. O pagamento farase efectivo mediante tarxeta ou en calquera oficina de ABANCA, indicando o código do curso, ademáis do nome, apelidos e DNI do alumno/a.

Titulación

A superación do curso completo dará dereito á obtención dun título propio de ESPECIALISTA expedido pola Universidade de Vigo, para o que deberán dirixirse ao Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao (Edificio Filomena Dato, 2º Andar, Campus de Lagoas-Marcosende, Telf.: 986 811 950 / negociado.formacionpermanente@uvigo.gal / posgrao@uvigo.gal  para a solicitude e pago das taxas correspondentes (123,10 €) non incluídas no prezo da matrícula do curso.

Sistema de avaliación

Para a avaliación do alumnado teranse en conta os seguintes criterios:

1º Asistencia presencial a aulas.
2º Realización, coa tutela do equipo docente, dos traballos asignados que permitan a posta en práctica e a verificación dos coñecementos impartidos no curso.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos