Elaboración de documentos accesibles para alumnado cego
Información do curso
Elaboración de documentos accesibles para alumnado cego
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPACC21 | ||||
Nome | Elaboración de documentos accesibles para alumnado cego |
|
|||
Modalidade | Virtual (síncrona e asíncrona) | ||||
Horas | 5 | ||||
Descrición | Esta formación breve proporciona os recursos básicos para crear documentos accesibles para o alumnado cego. Deste xeito, o profesorado poderá elaborar materiais docentes accesibles. A formación estrutúrase en dúas fases: |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
O curso Elaboración de documentos accesibles para o alumnado cego insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2021.
Entidades organizadoras
Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente) e o GID GRETTEL.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 02/06/2021 12:00 - 09/06/2021 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 14/06/2021 - 18/06/2021 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 5 |
---|---|
Número máximo de participantes | 25 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI con carga docente no POD no curso académico actual.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación vinculadas á Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
- Formar ao profesorado no uso de documentos accesibles a persoas cegas nas aulas.
- Sensibilizar á comunidade educativa sobre as necesidades específicas do estudantado cego.
Criterios de selección
Por orde de inscrición.
Calendario
Traballo autónomo na plataforma Moovi: do 14 ao 20 de xuño.
Sesión síncrona no Campus Remoto: 17 de xuño de 16 a 18 horas.
Programa
1. Procesadores de texto:
- Vista de documentos.
- Tipos de letra e tamaños.
- ingua dos documentos.
- Táboas.
- Texto alternativo en imaxes.
- Uso de columnas.
- Uso da tipografía negra, itálica e subliñado.
- Uso de información baseada en cores.
2. Follas de cálculo:
- Creación de cadros uniformes.
- Distribución de datos nun libro.
- Combinación de celas.
- Creación dun índice.
3. Presentacións en PowerPoint:
- Orde de lectura dun revisor de pantalla.
- Texto alternativo en imaxes.
4. Arquivos pdf:
- Como crear documentos pdf accesibles.
- Conversión de texto a son.
Impartido en
Moovi e Campus remoto.
Titulación
O diploma poderá descargarse da plataforma Moovi e estará dispoñible nun prazo de 15 días desde a finalización da formación.
Profesorado
Pablo Vilariño Otero
É Enxeñeiro en informática de xestión pola UNED, realizou formación en técnicas especializadas en tiflotecnoloxía e braille para persoas con discapacidade visual e traballa como instrutor en tiflotecnoloxía e braille no Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra desde 2016.
Sistema de avaliación
Visualización dos vídeos na plataforma Moovi, realización dunha tareafa e e asistencia á sesión síncrona no Campus remoto.