CURSO DE FORMACIÓN EN DIDÁCTICA DA FICCIÓN E CREACIÓN LITERARIA
Información do curso
CURSO DE FORMACIÓN EN DIDÁCTICA DA FICCIÓN E CREACIÓN LITERARIA
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | F1052101B | ||||
Nome | CURSO DE FORMACIÓN EN DIDÁCTICA DA FICCIÓN E CREACIÓN LITERARIA |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 75 | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 636694616 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Facultade de Ciencias da Educación
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 23/03/2021 00:00 - 31/08/2021 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 01/05/2021 00:00 - 06/09/2021 00:00 |
Período de docencia | 06/09/2021 - 16/11/2021 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 22 |
---|---|
Número máximo de participantes | 35 |
Créditos teóricos | 4 |
Créditos prácticos | 3.5 |
Destinatarios/as
1.Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2. Alumnos/as da universidade,
3. Profesionais directamente relacionados coa especialidade.
4. De xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos profesionais non relacionados coa especialidade.
Condicións de acceso
Comprensión oral e escrita da lingua galega
Criterios de selección
1. Persoas que, en lista de espera, solicitaron o curso anteriormente e non puideron acceder a el.
2. Alumnos da Universidade de Vigo, que cursaron ou cursan estudos no Campus de Ourense.
3. Titulados ou alumnos doutras universidades.
4. Persoas alleas á Universidade.
Calendario
luns, martes e mércores: de 19 a 21´30 horas. Curso presencial online.
Titorías de 18´30 a 21´30 h: xoves 9 de setembro, 23 setembro, 14 outubro, 28 outubro, 4 novembro.
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:
A literatura. Elementos narrativos. Temas, motivos e estilos literarios.
A singularidade da linguaxe literaria.
As formas naturais de literatura.
Elementos estruturais da narrativa 1: argumento, trama, modalización, enfoque.
Elementos estruturais da narrativa 2: personaxes.
Elementos estruturais da narrativa 3: o espazo e o tempo.
Elementos estruturais da narrativa 4: narración, descrición e diálogo.
Elementos estruturais da narrativa 5: visibilidade e construción dunha escena.
Elementos estruturais da narrativa 6: figuras retóricas e estilo.
O mundo medieval e o mito.
Narración e ideoloxía. A visión da historia no espello do relato.
A eficaz plasmación das emocións no texto narrativo.
O engado do misterio como motivo literario.
O conto realista como forma de autocoñecemento.
Parodia, ironía e intertextualidade.
A radiografía social no texto narrativo.
A irrupción do elemento fantástico na narrativa
Didáctica da narración e creatividade
O retrato, a descrición, análise de retratos e descricións no conto e na novela.
O diálogo, a transformación, análise do diálogo e a transformación na novela.
A ligazón de recordos, a experiencia.
Comentario de textos narrativos que recollen a ligazón de recordos e a experiencia.
O relato a partir de palabras clave.
Análise de relatos breves a partir de palabras clave.
Comentario de personaxes e conflitos nas novelas.
Creación de conflitos e creación de personaxes.
Análise de relatos marabillosos, fantásticos e realistas.
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Práctica da creación literaria
Práctica da creación literaria 1: o retrato.
Práctica da creación literaria 2: a descrición.
Práctica da creación literaria 3: o diálogo.
Práctica da creación literaria 4: a transformación.
Práctica da creación literaria 5: a ligazón dos recordos.
Práctica da creación literaria 6: a experiencia.
Práctica da creación literaria 7: o relato a partir de palabras clave.
Práctica da creación literaria 8: a creación de conflitos e personaxes.
Práctica da creación literaria 9: a construción de relatos marabillosos e fantásticos.
Práctica da creación literaria 10: a construción de relatos realistas.
Lectura, corrección e comentarios de exercicios narrativos
Creación a partir da singularidade da voz narradora. (I)
Creación a partir da singularidade da voz narradora. (II)
Creación a partir da contextualización do relato. Tempo, espazo e ambientación. (I)
Creación a partir da contextualización do relato. Tempo, espazo e ambientación. (II)
Creación a partir do conflito. Punto de xiro. (I)
Creación a partir do conflito. Punto de xiro. (II)
Creación a partir dos personaxes: caracterización directa e indirecta. O diálogo. (I)
Creación a partir dos personaxes: caracterización directa e indirecta. O diálogo. (II).
A Revisión: comentario e avaliación dos textos elaborados. Lectura en voz alta (I).
A Revisión: comentario e avaliación dos textos elaborados. Lectura en voz alta (II).
Modo de pagamento
O importe da matrícula é de 59,72 €. O pagamento farase efectivo mediante pago con tarxeta na plataforma Bubela.
Titulación
A superación do curso dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo.
Importe do diploma:
- De 1 a 5 créditos: 12,02 €
- De 6 a 10 créditos: 30,05 €
- A partir de 11 créditos: O mesmo importe que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mediante Decreto anual, fixa para os títulos oficiais a nivel de Diplomado ou equivalentes (60,10 € no curso académico 2011/2012).
A tramitación do diploma realízase no Servizo de xestión de Estudos de Posgrao:
Edificio Filomena Dato
Campus de Lagoas-Marcosende
36310 - VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 811950
E-mail: posgrao@uvigo.es /negociado.formacionpermanente@uvigo.es
Sistema de avaliación
* É un curso presencial que se leva a cabo online. Requírese asistencia (mínimo 85%).
* Elaboración dun relato breve (texto de 2 folios por unha cara, Times New Roman, corpo 12, interliñado 1´5, xustificado) que debe presentarse ao final do curso.