Formulación de proxectos de Investigación para o Desenvolvemento e Cooperación Exterior financiados pola Xunta de Galicia
Información do curso
Formulación de proxectos de Investigación para o Desenvolvemento e Cooperación Exterior financiados pola Xunta de Galicia
Tipo | Actividades de Voluntariado e Cooperación | ||||
Código | CCUD02 | ||||
Nome | Formulación de proxectos de Investigación para o Desenvolvemento e Cooperación Exterior financiados pola Xunta de Galicia |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 13 | ||||
Descrición | A Xunta de Galicia lanza anualmente convocatorias de axudas para proxectos de Investigación ao Desenvolvemento e Cooperación Exterior ás que se poden presentar universidades e outros axentes. Nesta formación estudaremos as súas bases, documentación a presentar e estratexias para acadar o mellor resultado posible.
|
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986130261 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Actividade organizada conxuntamente polas tres universidades do SUG no marco do convenio da RGCUD.
Información sobre o calendario (datas)
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 1 |
---|---|
Número máximo de participantes | 10 |
Créditos teóricos | 0 |
Créditos prácticos | 0 |
Destinatarios/as
PAS e PDI da Universidade de Vigo con interesa na Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento.
Obxectivos
- Coñecer as bases das convocatorias de Cooperación da Xunta de Galicia
- Familiarizarse coa documentación a presentar
- Familiarizarse co marco lóxico
- Coñecer o procedemento de presentación
- Coñecer os puntos fortes e débiles dos proxectos cara a formulación da convocatoria
Condicións de acceso
Terá prioridade o PDI a tempo completo que xa concorrera a convocatorias CUD e queira mellorar as súas competencias así como o PDI que estea interesado/a en presentar un proxecto a unha convocatoria CUD durante o ano 2021.
PAS que traballe na xestión ou xustificación de proxectos de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento. (Reservanse 3 prazas para este grupo. De quedar vacantes será ocupadas polo outro grupo prioritario)
De non cubrirse as prazas polos grupos prioritarios arriba indicados poderá optar calquera persoa do PDI ou PAS da Universidade de Vigo por orde de inscrición, tendo preferencia o PDI a tempo completo.
Criterios de selección
Terá prioridade o PDI a tempo completo que xa concorrera a convocatorias CUD e queira mellorar as súas competencias así como o PDI que estea interesado/a en presentar un proxecto a unha convocatoria CUD durante o ano 2021.
PAS que traballe na xestión ou xustificación de proxectos de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento. (Reservanse 3 prazas para este grupo. De quedar vacantes será ocupadas polo outro grupo prioritario)
De non cubrirse as prazas polos grupos prioritarios arriba indicados poderá optar calquera persoa do PDI ou PAS da Universidade de Vigo por orde de inscrición, tendo preferencia o PDI a tempo completo
Calendario
19 de maio (de 17.00h a 20.00h) e 24 de maio (de 10.00h a 14.00h e 16.00h a 20.00h).
Programa
-
SESIÓN 1
- Bases das convocatorias
- Requisitos
- Documentación
- Financiamento, gastos permitidos
- Criterios de valoración
- Presentación de solicitudes
- Sede electrónica da Xunta
- Subsanación de requirimento
SESION 2
- Formulación do proxecto
- Marco Lóxico
- Documentación Presentar
- Formulario da solicitude
- Orzamento económico
Modo de pagamento
Curso gratuíto.
Impartido en
O curso consta de 11 horas presenciais que serán impartidos pola plataforma Teams.
As persoas matriculadas recibirán con anterioridada a cada sesión o enlace para a asistencia ao curso.
Observacións
O PAS seleccionado deberá solicitar permiso de asistencia a xerencia.
Titulación
METODOLOXÍA
|
Profesorado
Marta Díaz del Río García, licenciada en Psicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Ten desenvolvido diversos estudios de Posgrao e Master en diversas universidades relacionados con Educación, Cooperación Internacional e Xénero. Conta con 10 anos de experiencia no ámbito social, tanto en ONG sociais coma de Desenvolvemento. Algunha das entidades coas que ten colaborado son: ACSUR-Las Segovias-Galiza, Acción contra a Fame Navarra, Médicos do Mundo Bilbao, InteRed Galicia, Arquitectura sen Fronteiras, no campo de ONGD. Traballou coma Coordinadora de Programas de Intervención Social durante 9 anos en Acción Familiar Ferrol. Actualmente traballa como consultora independente en Faísca Consultora, desenvolvemento tarefas de avaliacións, diagnósticos, plans estratéxicos, sistematizacións, etc., mediante metodoloxía cuantitativas e cualitativas de investigación social. Juan Antonio Ortiz Delgado. Arquitecto pola Universidade da Coruña e Master en Avaliación de Programas e Políticas Públicas pola Universidade Complutense de Madrid. Conta con estudos de posgrao e formacións específicas en cooperación ao desenvolvemento, financiamento internacional para este tipo de proxectos, formulación orientada a resultados, avaliación de impacto e outras. É voluntario de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia dende 2010, e dende 2016 o seu responsable de xestión na demarcación de Galicia. Entre outras labores, encárgase da formulación e xustificación de proxectos de cooperación exterior e educación para a cidadanía global financiados pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e outras entidades tanto públicas como privadas. Como consultor independente ten experiencia en avaliacións, liñas de base e investigación social. |
Sistema de avaliación
Asistencia ás sesións e informe e participación nas actividades propostas polo profesorado do curso.
Avaliación con enquisas cualitativas e cuantitativas (inicial e final).